Saímos!!!

Este 28 de xuño, atopámonos a nada máis que ás 6 am no aeroporto de Peinador, Vigo, listos (e cansos) para comezar a nosa aventura en Peterborough (ou no Pedro Burgo, como están empezando a chamalo).

Despois das fotos con Abel Caballero, unha carreira ata á porta de embarque e dúas longas viaxes en avión, finalmente, chegamos a Gatwick, onde nos agardaba Franca para levarnos ao noso destino.

Con Franca viaxamos en bus ata Peterborough, traxecto no que todos, todos, todos, ían durmindo.

Unha vez no punto de encontro da cidade, as “host families” viñeron recoller ós nenos para levalos ás que serán as súas casas durante estas tres semanas.

Tras comprobar que chegaron ás súas casas e estaban ben, todos disfrutamos dun bo e merecido descanso.

avatar

Lucía Del Río González

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *