PRESTATYN 7/10 – Cooking experts!

Good evening!

Entramos xa hoxe na nosa derradeira semana por terras galesas. Cando xa nos imos habituando a todo o cambio, xa parece que todo se acaba. Pero aproveitaremos ata o último segundo desta experiencia.

Hoxe os estudantes fixeron unha presentación de Vigo durante a clase de español para acercar aos seus compañeiros un pouco á súa cidade natal. Ensináronlles pratos típicos, lugares emblemáticos e como non, amosáronlles as fermosas illas Cíes coas que quedaron abraiados. Aos estudantes de Prestatyn encantoulles aprender un pouco máis da vida viguesa e xa teñen pensado falar co alcalde mañá (que nos fará unha visitiña no centro) para convencelo de ir visitar Vigo.

En canto á actividade da tarde, por petición popular volvéronse a poñer máns á masa porque tocou… COOKING. E esta vez as rapazas e rapaces convertíronse en chefs expertos en pizzas. Que dominio dos ingredientes… E sobre todo un gran paladar para catalas. Aquí vos deixo unhas fotiños cos mellores momentos do día. Espero que vos gusten.

 

See you!

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *