PRESTATYN 3/10 – Do you fancy a cup of coffee?

Good morning, everyone!

 

O mal tempo xa voltou a Prestatyn, non fose a ser que nos acostumaramos ao soliño. Pero non pasa nada, todo se soluciona cun bo abrigo e ganas de coñecer máis sitios.

 

Esta vez foi o resto do grupo a facer unha visitiña a lugares de interés locais como o Rhuddlan Local Nature Reserve e o longo paseo que une nada máis e nada menos tres praias, o que fai un total de cinco millas de area que conectan varios pobos da costa. Podedes ver a Antía, Pablo, Lucía, Pilar, Alba, Nico e Alexia disfrutar xuntiños da mini viaxe nas seguintes fotos.

 

Mentres tanto na escola, Alberto recibiu a felicitación por parte da súa profesora de bioloxía que se quedou moi sorprendida cando o estudante resolveu de forma lóxica un dos experimentos que planteou na clase. Foi o único do grupo que o fixo e por iso lle agradeceu a Alberto a súa participación e alabou aos alumnos galegos polos seus coñecementos.

Unha vez fóra do insti, os rapaces e rapazas reuníronse de novo no Café Tesco para tomar uns bos chocolates quentiños, que como digo con este tempo veñen bastante ben. Ademais, como non, aproveitan para poñerse ao día das súas aventuras e por suposto subir algunha que outra foto no insta para alardear da sorte que teñen por disfrutar destes días en UK. Déixovos unhas fotos do momento e despídome polo día de hoxe.

See you!

 

avatar

2 pensamientos en “PRESTATYN 3/10 – Do you fancy a cup of coffee?

  1. Moitísimas grazas Zaida polos teus comentarios e fotos. Levaba uns días sen achegarme por aquí e encántame ver o ben que o pasan.
    Grazas¡¡¡¡

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *