Good afternoon, everyone!
Chegou o tan esperado día da nosa primeira EXCURSIÓN! E nada máis e nada menos que a Llandudno, unha cidade que parece sacada da serie Downton Abbey.
O malo: o tempo. Que maneira de chover! Pero que mellor refuxio para os nosos rapaces que unha sala de xogos. Acabamos diagnosticándolle a algún ludopatía, xa que non querían saír de alí. Eso sí, grazas a eles conseguimos a mascota do grupo, polo que valiu a pena.
Tras unha corta visita ao Pier, mentres o resto se quedaron dentro escapando da choiva, dirixímonos ao centro da cidade onde nos dispersamos para disfrutar dunhas horiñas de tempo libre.
Uns directos se foron de tendas, como non. O Primark hoxe moito vendeu. Outros de novo co vicio do xogo. E outros poucos a comer, por suposto. Pero non sen antes a foto de rigor coa nosa bandeira viguesa. E ademais co White Rabbit de Alice in Wonderland (xa que resulta que a cidade está colmada de estatuas do filme dado que a verdadeira Alice veraneaba por aquí).
Sobre as 15:30 reunímonos todos de novo para coller o bus con destino Conwy e disfrutar das preciosas vistas dende o seu castelo. Un pobo moi pintoresco no que nos atopamos coa casa máis pequena de Gran Bretaña.
Tras esta última parada, os grupos de Prestatyn e Flintshire voltaron ás repectivas casas para disfrutar dun pouco de tempo libre antes de volver coas súas host families.
Espero que vos gustara este mini resumo e disfrutedes coas fotiños que sacamos.
Un saúdo a todos e todas 🙂
Más contentos que con el uniforme! Y no llueve, un poco nubladillo..