Prestatyn, 28.9- Meeting the mayor!

Ola de novo!

Xa é venres, o que quere dicir que a fin de semana está aí para descansar dos días de instituto. Que rápido pasou esta semana, como se nota que xa estamos adaptados ao ritmo de aquí! En calquera caso, estivo chea de actividades e os estudiantes non pararon un segundo quietos, así que se agradecen un par de días de relax.

O día de onte, xoves, dúas alumnas dedicaron a última hora de escola (de 15 a 16h) a colaborar no Spanish Club, unha clase na que os estudantes de castelán poden desfrutar de horas extra para avanzar nos seus coñecementos sobre o idioma. O Spanish Club ten lugar os luns e os xoves, co cal os xa levan aproveitando a presenza de falantes nativos durante catro clases. Nelas, manteñen pequenas conversas cos alumnos de España e van perdendo a vergonza inicial a empregar unha lingua que non é a súa.

Logo dunha longa xornada lectiva, dirixímonos ao concello para coñecer ao alcalde, councillor Gerry Frobisher, que nos deu unha pequena charla sobre Prestatyn, a maneira de funcionar dos plenos municipais, o seu escudo e ofreceuse a resolver todas as dúbidas que tiveramos sobre a vila. Puidemos darlle finalmente o regalo de parte do seu homólogo vigués, consistente nun libro de fotos das Illas Cíes e a bandeira do Concello de Vigo e, por se fora pouco, os alumnos puideron firmar no libro de visitas do concello onde deixou a súa rúbrica en 1969, cando foi coroado Príncipe de Gales, o mesmísimo Carlos de Inglaterra! Para rematar, Mr Frobisher deixou que probaran e se fixeran fotos coa cadea do alcalde e levar in bonito recordo desta visita!

5. Visiting the mayor 7. Visiting the mayor

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *