Prestatyn, 26.9- Dyserth Waterfalls

Bos días a todos e todas!

Onte, martes, tivemos unha xornada do máis interesante! Visitamos as Dyserth Waterfalls, unhas cascadas a tan só un bus de distancia de Prestatyn e Rhyl. Os alumnos, logo das clases, puideron desfrutar dunha tarde de relax na natureza, dando un paseo polo entorno que rodea o seu lugar de residencia e vendo o moito que se parecen as naturezas galesa e galega.

1-dyserth-waterfallstiny8-dyserth-waterfallstiny

O paseo foi agradable e sinxelo, tanto que algúns estudiantes decidiron investigar un pouco máis aló e descubriron unhas covas escuras que non invitaban, certamente, a pasar da súa entrada. Ademais, demostraron un bo sentido do equilibro tendo que saltar de pedra en pedra para atravesar un río e chegar a un campo que pouco se diferenciaba dos que podemos ver en Galicia.

26-dyserth-waterfalls30-dyserth-waterfalls

Ao longo do camiño deixamos atrás Prestatyn e Rhyl, e desde o alto da colina puidemos desfrutar, a pesar da néboa característica, dunha panorámica das dúas vilas estupenda.

12-dyserth-waterfalls

Unha xornada así tiñamos que terminala repoñendo enerxías, así que ao final da ruta fomos directos a un pub a pedirnos coca colas, tés e chocolates para todos! Unha recompensa máis que merecida para encarar o ecuador da semana con enerxía. Hoxe, máis e mellor!

33-dyserth-waterfalls

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *