Prestatyn, 25.9- Drama Workshop!

Bo día a todos e a todas!

Como empezastes a semana? Os rapaces de Prestatyn cunha maña de instituto, coma sempre, e cunha tarde na que realizaron unha actividade na que parece que desfrutaron un montón! Tiveron un taller de teatro, nada máis e nada menos! Logo de chegar á bolera de Prestatyn, coñeceron a Rob e a Julie, os dous monitores locais encargados da actividade, e da súa man divertíronse mentras exercitaban os músculos e a imaxinación e xogaban a diferentes xogos. Deixáronos pasmados co nivel de inglés e coa maña da que fixeron gala para levar a cabo todas as dinámicas propostas. Parece que, ademais de alumnos aventaxados nos idiomas, os estudiantes galegos de intercambio en Prestatyn teñen madeira de actores e actrices!

7-drama-workshop 14-drama-workshop

Na foto podedes ver o ben que escenificaron algúns dos alumnos un barco e un tanque de guerra respectivamente. Que ben compenetrados están, e que ben traballaron en grupo!

As súas dotes interpretativas mostráronas ao ter que representar,en tres grupos distintos, tres situacións cotiás pero a cámara lenta. Nas fotos, podedes ver o en serio que tomaron as escenas. Ata houbo unha pequena parte musical nunha delas!

20-drama-workshop 21-drama-workshop

Foi unha tarde relaxada e divertida, como debe ser para o comezo dunha segunda semana na que os alumnos están xa completamente adaptados e saben desenvolverse por Prestatyn sen ningún tipo de problema!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *