Prestatyn, 2.10- Drama Workshop

Bo día, familia e amigos!

Que tal foi o voso luns? O noso bo, a pesar do vento que se levantou en Prestatyn, e moi aproveitado xa que foi o ultimo que pasamos na vila antes de regresar! A mañá, coma sempre, cubriuse coas clases do instituto e rematou, coma todos os luns, con dúas alumnas prestándose voluntarias para participar no Spanish Group, na clase extraescolar de castelán que ten lugar os luns e xoves. Nela, conversan cos alumnos galeses que están aprendendo o idioma e axudan a que perdan a vergonza inicial lóxica de falar un idioma que non é o propio.

Sen embargo, as voluntarias tiveron desta vez que marchar un pouco antes da clase rematar, xa que debían estar na estación de buses de Prestatyn en hora para chegar á actividade da tarde! Hoxe tocaba unha clse de danza tradicional con Rob e Julie, aos que xa coñecimos a semana pasada. Canta enerxía se gastou! Primeiro, os alumnos aprenderon pasos básicos do baile tradicional galés.

Se pensaban que este baile era todo, a continuación aprenderon in baile típico da zona limítrofe entre Inglaterra e Gales: a danza Morris. A particularidade deste baile é que se precisan paus para completer a coreografía. Os estudiantes demostraron ter moi bo ritmo e moi boa psicomotricidade, porque, a medida que avanzaba a actividade, tamén avanzaba a dificultade!

Ao rematar os estudiantes quedaron con algo de tempo libre antes de ir cear, pero non sei se logo de tanto movemento e exercicio terían ganas de outra cousa que non fora descansar para aproveitar ben esta última semana que nos queda!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *