Presentación de monitores- Colchester

Boas a todxs!

Somos Joaquín e Cristina e imos ser os monitores que vos acompañaremos este ano na vosa estancia en Colchester. Ambos temos experiencia no Reino Unido así que estaredes en moi boas mans, coñecemos tódolos trucos!

Eu, Cristina, son profesora de música peeero o meu son os idiomas, así que levo ensinando inglés e español polo mundo adiante. Tiven a sorte de vivir xa en varios pobos da Inglaterra: Hertfordshire (moi preto de Colchester), Londres, Bath e Croydon. Tamén visitei moitos sitios porque Inglaterra teno todo! Cidades cosmopolitas e natureza, o que o fai un país moi atractivo.

Ides coñecer moita xente e descubrir moitas curiosidades así como desmontar mitos da cultura inglesa porque non, a xente inglesa non é para nada puntual!

Eu, Joaquín, son graduado en Tradución e Interpretación en inglés e portugués, ademais colaboro cunha ONG como profesor de español para refuxiados

Como ben dixo Cristina, xa vivín no Reino Unido, concretamente en Glasgow (eu coñezo máis a zona de Escocia, que tamén é preciosa). Por outra banda, tamén vivín en Istambul, en Turquía, unha das cidades máis fermosas do mundo.

Xa vos adianto que o inglés é súper importante para vos comunicar no estranxeiro e para achegarse a outras culturas, así que aproveitade moitísimo esta experiencia porque estou seguro que será a primeira de moitas.

Lembrade que estamos aquí para o que necesitedes e, para comezar, non vos esquezades do pasaporte e do permiso paterno.

Vémonos dentro dunha semaniña e mentres tanto… podedes ir practicando as expresións que máis ides usar coas vosas familias: please, thank you and you’re welcome.

See you soon!

avatar

Cristina Rodriguez Parada

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *