Presentación Ana (St. Neots)

Ola a todas!

Chámome Ana e vou ser unha das monitoras desta primeira quenda destino a St. Neots (04.07). Xa que non nos veremos até o día de marchar, aquí deixo unha pequena presentación sobre min para que podaides coñecerme un chisco.

Son nada en Vigo pero vivo actualmente en Madrid. Gradueime economía e estou a piques de rematar unha mestrado en desenvolvemento. A pesar de ter estudado algo tan “formal” tamén son monitora de tempo libre xa que me apaixona traballar directamente coas persoas.

Gústanme as disciplinas artísticas pero non teño moito talento para elas, polo que me limito a apreciar o traballo doutros en museos, concertos ou festivais de danza. Tamén son amante dos animais xa que me criei sempre con algún nada casa (agora mesmo temos tanto can como gato) e son desas persoas que ten que facer un esforzo por non pararse a acariñar aos cans na rúa.

Levo unha vida todo o activa que o meu horario me deixa. Intento aproveitar para facer diferentes actividades ao longo do ano pero son fiel a practicar ioga habitualmente como forma de desconectar e reconectar á vez. A pesar de vivir case toda a miña vida na costa, sempre fun máis de plans de monte polo que desfruto de facer rutas pola montaña, ir buscar castañas ou setas en outono ou achegarme ao río ou a unhas pozas.

Fai varios anos, tiven a sorte de ser bolseira deste mesmo programa cando ía ao instituto e teño tan boas lembranzas desa viaxe que non dubidei en retomar a experiencia, desta vez dende o outro lado. Espero poder axudarvos a ter unha experiencia inesquecible como é vivir no estranxeiro e somerxerse nunha cultura distinta.

Vémonos o luns ben cedo no aeroporto!

Ana.

avatar

Ana Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *