ORMISTON 25/10- SAINSBURY CENTRE AND ACADEMY

Ola ola, boa día!

Onte foi un día normal por aquí por Norwich.

Quedamos as 9:00 no Forum, punto xa coñecido por todxs. E xa de primeira hora de mañá puxéronse a xogar o fútbol coa súa nova pelota, que baitizaron como Wilson (en honra o can dunha das host families que marchou para outra casa)

 

Aquí a rapazada facendo un rondo antes de ir á actividade

Despois fomos en bus ata o Sainsbury centre, un museo con obras pictóricas e escultóricas de diferentes artistas. Había moitas obras de Bacon, xa que a familia Sainsbury invertira cartos neste artista, algo así coma os seus mecenas.

Ellen na porta, ó baixar do bus, explicándolles

O Sainsbury Centre ó completo

Na porta do centro

A rapazada estivo vendo todas as obras e facendo fotos, ata tiveron tempo de sentar e descansar. Tamén había unha tenda que tiña mil cousas interesantes, parecía case coma o museo en si.

Na tenda de recordos do museo, chulísima

Descansando mas zonas comúns do museo

Logo pola tarde tiñan academia pero antes tiveron tempo libre para comer e aproveitar coma quixeran.

Natalia e Sofía foron mercar cubos de Rubik. Estánnos a ensinar!

Algunhas foron a comer a un restaurante sobre Bob Marley, chulísimo

E tamén lles deu tempo de estudar

Hoxe nas clases parte do grupo foi facer un exercicio de rúa! Tiñan que ir preguntando á xente quen era a persoa máis famosa entre Thomas Edison, Newton, etc. Creo que o pasaron ben saíndo un pouco das aulas e tomar aire! Aínda que outrxs non tiveron esa sorte…

Aquí parte dxs afortunadxs co seu exercicio

Facendo un pouco o parvo antes de saír

Outras das afortunadas

E os pobres que quedaron a estudar na clase, fotón por Álex!

Logo cando remataron as aulas tiveron tempo libre e así como algúns voltaron para casa, outrxs quedaron aínda un rato connosco! E ata houbo quen aproveitou para dar un paseo.

Aquí de palique ensinándonos como se xoga a un xogo do móbil

Esta foto preciosa que nos enviou Franko no seu paseo polo Castelo

Esta foto preciosa que nos enviou Franko no seu paseo polo Castelo

Tamén envía esta foto, co Castelo en obras pero as vistas incríbeis

Agardamos que vos esteades ben, nos por aquí estamos desfrutándoo moito!!!

Unha aperta grande 💓💓💓

Lara e Alaska.

 

 

avatar

Lara Alvarez Alvarez

2 pensamientos en “ORMISTON 25/10- SAINSBURY CENTRE AND ACADEMY

  1. Muchas gracias Lara y Alaska por ponernos al día con estos magníficos blogs, porque sin ellos muchas no nos hubiéramos enterado de casi nada y así da gusto!!! Os animo a que sigáis haciéndolo así de bien, y q disfrutéis a tope. Me encantan los contenidos y las fotos☺️☺️☺️ un abrazo enorme!!! Y muchas gracias!♥️♥️♥️♥️

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *