Nottingham: último día, volvemos a Vigo! – 28/07

Bo día a todos e todas!

Pois chegou o día de volta á casa. As lagrimiñas xa empezaron a asomar a primeira hora, cando cada familia levou aos seus estudantes ao punto de encontro do primeiro día, onde nos agardaría o autobús.

Ao chegar, a coordinadora local estabanos esperando para despedirnos, e para agradecerlle o seu esforzo, decidimos facerlle unha sorpresa, dedicándolle unhas palabras e regalándolle unha caixa de bombóns.

E chegou o momento da despedida coas familias, choros, abrazos, fotos… Foi un momento moi bonito emocionante para todos e todas, poñiamos rumbo ao aeroporto de Manchester!

Durante o camiño no autobús, dedicámonos a firmar e facer dedicatorias nas sudaderas e camisetas de todos e todas, incluso as monitoras jeje.

Ao chegar a Manchester, a cousa empezouse a complicar, pois de repente decatámonos de que o noso voo estaba retrasado dúas horas. A intranquilidade empezouse a notar no grupo, xunto aos demais grupos do programa que viaxaban connosco; todos e todas chamando aos seus pais preocupados, pois ninguén sabía que pasaría co voo Barcelona – Vigo.

A pesar desta mala noticia, nos sempre buscamos a maneira de amenizar o tempo, así que sentámonos en círculo e fixemos algún que outro xogo para rematar de coñecernos mellor.

 

Por fin chegou o momento de voar, e seguiamos algo preocupados por non saber que nos depararía esta viaxe de volta. O certo é que foi toda unha montaña rusa de emocións, posto que nun primeiro momento preguntámoslle a azafata qué iba a pasar, e díxonos que era complicado chegar a tempo para o seguinte voo, para máis tarde confirmarnos que o perderiamos.

Pero de repente, un milagre ocorriu. Xa a piques de chegar ao noso destino, a azafata viu de novo para decirnos que o avión ía agardar á nosa chegada, e poderiamos volver a vigo ese mesmo día. Foi unha alegría para todos, parecía que todo volvía a estar en orden.

Eso si, ao chegar a Barcelona, botamos a carreira da nosa vida. Entre os ánimos da xente e as présas do personal do aeroporto, chegamos ao avión por fin, para poñer dunha vez, rumbo a Vigo.

Aproveitamos a viaxe para repoñer o alento e de paso, rematar de firmar algunhas das sudaderas.

E por fin, chegamos a Vigo. Todo parecía rematar xa, pero para a nosa sorpresa, algo non ía ben. E que pasou? Pois que todo o caos para facer o transbordo, afectou ao equipaxe, de tal forma que nós chegamos, pero as maletas non. E así, sen maletas, botamos polo menos un par de horas para facer un por un as reclamacións correspondentes para poder recibir as maletas nos nosos domicilios nos próximos días.

Aproveitamos o momento para facer unha foto de despedida todos xuntos, aínda que por dentro estabamos desesperados por volver para a casa. Un saludo para a nosa compañeira Mencía, que debido a que tiña que coller outro avión inmediatamente ao desembarcar, non lle deu tempo a salir nesta fotiño.

E así, despedímonos. Foi un verdadeiro placer levar a cabo esta aventura con todos e todas vos. Fostedes un grupo marabilloso e desexamos que esta “unique experience” vos resultara enriquecedora e sobre todo, que o pasarades ben. Esperamos vervos pronto. Descansade da viaxe, e que teñades un feliz verán, deica logo!

Aida e Noe 🙂

avatar

Aida Barros Castro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *