Londres (Grupo Peterborough)

Londres foi… unha viaxe intensa canto menos

O noso día xuntos comezou na estación de tren de Peterborough, dende onde emprendemos o noso camiño ata Londres.

Unha vez puxemos os pés na estación de King’s Cross e tras facerlle unha visita ao andén do noso amigo Harry Potter, comezou a nosa marcha pola cidade que nunca descansa (coma nós nesta viaxe) durante a que pasamos por varios dos máis significativos monumentos londinenses (London Eye, Big Ben, Westminster Abbey ou 10 Downing Street foron algúns dos lugares que visitamos)

Tras un rápido xantar, dirixímonos a Covent Garden onde os rapaces puideron desfrutar de tempo libre para visitar algúns dos sitios que lles interesaban, e facelo ao seu ritmo.

Vistas todas as cousas que este sábado se podían ver sen dar moita volta (pois moitas rúas cortáronse para celebrar o Pride!🏳️‍🌈), voltamos todos xuntos dende a estación de Totteham court Road ata St. Pancras International onde collimos o tren de volta ao noso querido Pedro Burgo.

avatar

Sara Gutiérrez García

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *