HENDON – 4/10- Fish & Chips e Royal Air Force Museum

Boas familia!

As cousas por Hendon van moi ben, especialmente cando tes de menú Fish & Chips, feito e servido  polo noso amigo da cociña que chapurreaba algo de castelá no seu último día de traballo antes da xubilación.  Sen dúbida o máis simpático da cociña escolar. Sempre se esforzaba por pronunciar ben palabras como “pollo” ou “hamón”.

Despois das fish & chips algúns pensaron que era boa idea mascar chicle nas aulas aínda que non está permitido na escola. Pésima idea tendo en conta o carácter dalgúns profesores, que axiña foron avisar aos monitores na sala dos profesores.

Despois da escola veu un museo que ao principio non motivaba a algúns mais finalmente entusiasmou a case todos. Ademais tivemos unha visita inesperada dunhas amigas da escola así que puidemos practicar máis o inglés.

Rematando, foi un día ben redondo, pasámolo moi ben pero temos que respetar máis as normas da escola, un chicle pode ser unha cousa seria,

avatar

Un pensamiento en “HENDON – 4/10- Fish & Chips e Royal Air Force Museum

Responder a Sandra Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *