Boas familia!
As cousas por Hendon van moi ben, especialmente cando tes de menú Fish & Chips, feito e servido polo noso amigo da cociña que chapurreaba algo de castelá no seu último día de traballo antes da xubilación. Sen dúbida o máis simpático da cociña escolar. Sempre se esforzaba por pronunciar ben palabras como “pollo” ou “hamón”.
Despois das fish & chips algúns pensaron que era boa idea mascar chicle nas aulas aínda que non está permitido na escola. Pésima idea tendo en conta o carácter dalgúns profesores, que axiña foron avisar aos monitores na sala dos profesores.
Despois da escola veu un museo que ao principio non motivaba a algúns mais finalmente entusiasmou a case todos. Ademais tivemos unha visita inesperada dunhas amigas da escola así que puidemos practicar máis o inglés.
Rematando, foi un día ben redondo, pasámolo moi ben pero temos que respetar máis as normas da escola, un chicle pode ser unha cousa seria,
Que suerte poder disfrutar de todos esos museos, muchas gracias por las fotos 😉