HENDON – 22/09 – Día 3 – First Sunday

Boas Familia!

O primeiro domingo en Londres foi moi variado e divertido. Moitos de nós fomos aos centros comerciais da zona de Harrows e outros aos da zona de Wembley Park.

Algúns de nós tamén decidimos pasar o domingo coas nosas familias de acollida, facendo plans tranquilos na casa como unha barbacoa ou ver series en Netflix.

Pasamos bastantes minutos polas tendas de roupa, como Primark. Tamén gastamos bastante tempo e algo de diñeiro en tendas como Poundland. Chamounos moito a atención ver productos como refrescos ou snacks que en España nunca vemos. Os monitores pasaron algo de tempo con nós, e nos levaron a unhas tendas de libros moi interesantes, e tamén a unhas tendas de roupa de segunda man de caridade, que empregan os beneficios das ventas para causas benéficas, pois trátase de roupa que doan as persoas de forma desinteresada. A verdade é que a idea é moi boa pero o estilo da roupa era un pouco raro ou antiguo e non nos gustou demasiado, polo que ninguén comprou nada.

Algúns de nós tamén fixemos pequenos paseos pola zona arredor das nosas familias de acollida.
En definitiva, foi un domingo moi tranquilo, no que o tempo acompañou, pois fixo bastante bo, salvo media horiña que orballou, pero, tiñamos paraguas comprado no Poundland por unha libra.

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *