HEADINGTON – 26/09 – Open Day at Cheney School + Debate

Boas tardes, Familias!

Hoxe saíu o sol en Headington e polo menos xa non nos mollamos de camiño ao instituto. Ademais, o tráfico aquí lévase moito mellor sen chuvia.. Que vos vamos a contar que non saibades sendo de Vigo!
Hoxe tivemos o día de Portas Abertas no Cheney School. Chegamos todos puntualísimos e comezamos as clases. Unha vez rematado o descanso para comer, a iso das 13hrs, pedíronlle aos nosos estudantes se podían axudar a preparar uns libriños con información do cole. Estes repartiríanselles aos pais e nais que viñeran visitar o instituto no día de hoxe. Prepararon unha cadea e….. A traballar!!
Como ata ás 15.30 non chegaban os compis do St Gregory, deixáronnos o Dance Hall e dispuxeron mesas de table tennis. Alí estivemos pasando o rato, uns xogando, outros bailando, outros quitando zapatos e escapando…
Cando chegou o grupo do St Gregory (pedimos un aplauso porque sempre teñen que vir ata aquí), comenzamos a actividade programada para hoxe: debating. Hoxe tivemos unha invitada, Tessa, unha alumna madrileña que está nun programa de integración tamén, pero durante 11 semanas!
A actividade tiña dúas partes. Na primeira, a clase estaba dividida en dous grupos e xogaron ao Taboo. Un voluntario de cada grupo tiña que situarse no frente da clase. Juliette ensinaba unha palabra ao resto (menos ao voluntario) e tiñan que intentar explicar esa palabra para que a persoa que non a vía a adiviñara. Ademais, dúas controladoras tiñan que calcular os puntos e asegurarse de que non se pasaban de tempo. Senón, tiñan un botón/alarma que facían soar cando remataba o tempo.
Para a segunda parte, estaban divididos en grupos máis pequenos e así levar a cabo un debate sobre temas de actualidade. O primeiro que se debatiu foi o uso dos móbiles na clase e o segundo a pena de morte. Juliette asignou certos roles, para que uns estivesen sempre a favor e outros sempre en contra (aínda que despois lles pedía que deran a súa verdadeira opinión).
Sabedes que? Mañá xa é venres! E iso significa que despois da escola teremos tarde libre!! Así que mañá xa vos contaremos como foi 🙂
Boas noites! Biquiños 🙂
avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *