Grange, 02/10, Visita ao Museo Arqueolóxico e free time por Dublín!

Boas noites familias!!!

Hoxe tivemos un moi bo día! Despois de ir ao instituto fixemos unha visita ao Museo Arqueolóxico de Dublín, onde coñecimos un chisquiño máis a historia de Irlanda.

Unha vez rematada a visita disfrutamos do tempo libre! Moitas de nós fomos ás charity shops e mercamos cousas moi bonitas e moi baratas! Cousa extraña andando por estes lares… Tivemos moita sorte!

Ademais hoxe non caeu nin unha gota! Así que poderíamos dicir que foi un gran día!

A ver canta auga nos cae os vindeiros días…

Boas noites e ata mañán!

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *