GODALMING: 9 e 10 de Outubro.

OS TEMPOS SON CHEGADOS!

Boas a tod@s!

Esta é a nosa última actualización do blog e por suposto cunha grande pena! Quen nos iba a dicir que tres semanas pasarían tan rápido? Pero todo o bo ten a súa fin!

Iso si, nin nos últimos días paramos de facer cousas. . .o luns pola tarde enredamos unhas cuantas horas traballando coa nosa parte artística. . .con mellores e peores resultados! Suzie encargouse de amosarnos unha técnica para moit@s nova coa que poder decorar os nosos cartaces. Se ben, algunhas queixábanse ao principio de que esta era unha actividade para @s máis cativ@s. . .co conto acabámonos meténdonos tod@s no allo!

E mirade que resultados máis chulos conseguiron algunhas:

E para que enganar. . .con isto estivemos entretid@s un bo cacho e nadie pensaba no pouco tempo que aquí nos quedaba.

Pero o que tiña que chegar chegou! E as primeiras despedidas xa empezaron o martes pola mañá. Fotos, diplomas. . .e algunha que outra lambonada que eso é o que a moit@s máis lle prestaba! Nada máis e nada menos que unha forma de agradecer a acollida que tivemos no Broadwater School!

E como colofón a este último día pasamos a tarde en Guildford, aproveitando o tempo xunto aos nov@s compas ingleses que fixemos,eso si, non con tod@s @s que desexariamos. . . Ah! E tamén mercando algún que outro agasallo para o noso regreso!! Tranquil@s que non se esquecen de vós!!

Deixamosvos unha das últimas fotos tiradas da nosa estancia. . .aquí nadie sae chorando, pero xa vos digo eu que bágoas xa caeron!! Nada malo!! Todo o contrario, o exemplo de que está foi unha grande aventura e que nos da moita pena ter que deixala cando estabamos tan agusto.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *