Godalming 25/09 – Primeira visita a Guildford

Ready for day 2?

Hoxe comezamos o día con… un simulacro de incendio no instituto! Obviamente non era momento de tirar fotos porque é unha cousa bastante seria e formal, como comprobamos en persoa. Desde logo foi toda unha experiencia que vivimos como se fóramos da Broadwater School “de toda a vida” 😉

O segundo día lectivo xa foi diferente ao sabermos moito mellor como funciona todo, así que pouco a pouco imos entrando na normalidade inglesa.

Iso sí, pola tarde tocou ir explorar un pouco os arredores e collimos un tren ata Guildford, que é a localidade máis grande de camiño a Londres e cidade de referencia dentro do condado de Surrey. Realmente chegamos en nada.

En Guildford a nosa guía local, Suzie, plantexou un xogo no que tivemos que visitar algúns dos lugares máis emblemáticos desta cidade comercial. Aquí abaixo está ela organizando os grupos que contaron máis unha vez coa simpática presenza dalgúns buddies ingleses.

En definitiva, botamos un ollo e agora coñecemos a cidade para a próxima visita, que será na última semana. Ou sexa, we’ll be back 🙂

Ah, e para que vos fagades unha idea do bonita que é esta zona, aquí vai de despedida unha panorámica desde o castelo de Guildford!

avatar

Xoan Paredes

2 pensamientos en “Godalming 25/09 – Primeira visita a Guildford

    • Siii! Dias claros e despexados. Fai algo de frio a primeira hora da mañá e á noite (aquí si que chegou o Outono como debe ser), pero non chove… Cun pouco de sorte permanecerá así ata despois do fin de semana, o que nos salva a visita a Londres e o “día coas familias” 🙂 Xenial!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *