FLINTSHIRE 6.10 EXCURSIÓN A LIVERPOOL

Bos días! Hoxe toca excursión!

Tocounos madrugar como calquera outro día e quedamos as 9:00 no instituto (o grupo de Wrexham as 9:00 alí tamén). A esa hora emprendemos o noso camiño cara Liverpool, nun día que parece que vai a ser bastante movido.

Chegamos temprano, sobre as 10:30 xa estábamos alí preparados para o noso día! Dividímonos en dous grupos: uns foron ao estado de fútbol do Liverpool e os outros fomos aos muelles, onde nos atopamos cunha estatua enorme de The Beatles, coa que nos sacamos unha foto de grupo.

 

A continuación déronnos tempo libre, e algunhas de nos aproveitamos para ir a visitar o museo de The Beatles. Prometía ser bastante interesante, e así foi! Estivemos dentro 1h30m (e porque non nos deixaron máis!).

No museo puidemos coñecer a historia dos Beatles grazas a unha audioguía incluída no ticket, que nos foi guiando pola súa historia dende que se coñeceron sendo adolescentes, os seus primeiros concertos, como foron ata Hamburgo, o productor co que firmaron o seu primeiro contrato (ao que eles mesmos chamaban o quinto Beatle) e a historia de como o mundo os coñeceu. Así mesmo, puidemos ver tamén os seus anos de fama e como finalmente se separaron debido a varios factores. A última parte do museo está dedicada á vida e carreira de John Lennon e Joko Ono por unha parte, a posterior carreira de George Harrison e Ringo pola outra, e, por último a Paul McCartney.

Mentras nós estábamos no Museo dos Beatles, outras e outros aproveitaron para visitar o Museo do Titanic ou o Museo de Arte Contemporánea.

Ao saír do museo reunímonos co resto do grupo para comer nunha área un pouco máis comercial, onde tiveron varias horas de tempo libre nas que fixeron compras e puideron pasear e coñecer a zona.

Algunhas fomos a ver un desfile que había na cidade: xigantes!! Figuras enormes, unha dun neno, o pai, a nai, o can… foron os que vimos, pero había máis! Para volver tivemos que cruzar polo medio do desfile, foi un pouco caos para coordinarnos, pero a sorte foi que puidemos ver aos xigantes ben de cerca!!

Despois disto, volvemos no autobús ata Flintshire e cada un de nós marchou para casa a descansar despois dun longo día!!

Claudia

avatar

Claudia Casado

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *