FLINTSHIRE 08.10 ÚLTIMO DÍA

Bos días!!

Hoxe é o noso último día, e temos que aproveitalo ao máximo! Último día de clases no instituto, de levar o uniforme, de comer todos na cantina, de actividade pola tarde, de cear coas nosas familias ás 18:00…

A última hora todas e todos firmamos unha tarxeta para a profesora que no colexio durante toda a nosa estancia, e démoslle un pequeno agasallo, así como o póster no que estivemos traballando durante toda a semana pasada!!

A nosa actividade da tarde foi unha pequena celebración de despedida nun café que hai ao lado do instituto, o Caffi Isa. Alí acompañaronnos varias compañeiras inglesas e todas e todos estiveron bailando e cantando, disfrutando dos últimos momentos xuntos! Incluso caeu algunha lagrimiña!

Hoxe sí marchamos para casa bastante temprano, xa que todos necesitamos facer compras de última hora (chocolate na súa maior parte), así como facer as maletas con algo de cabeciña, pesalas para non pasarnos dos kg á hora de facturar… sendo tan precavidos seguro que todo vai sobre rodas mañá no aeroporto!! Non será ata última hora, sobre as 23:20 cando aterricemos, polo que imos a estar agotados despois de viaxar durante todo o día!

 

Claudia

avatar

Claudia Casado

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *