16 decembro – Festa de despedida

ELTHAM

Boas noites familias,

Despedimonos de vos e de Inglaterra, xa que mañá a estas horas estaremos de volta nas nosas casas. Ainda que moitas das rapazas están deseando voltar, agora empezan a dubidar de se quedar, xa que a relación coas familias e as amigas feitas na escola da pena deixalas atrás. Esperemos que aprobeiten as novas tecnoloxías para non perder as amizades feitas nestas tres semanas.IMG_0105IMG_0136

Hoxe tiveron todo o día libre para facer e refacer a maleta, ata que todas a conseguiron pechar. E quedamos máis tarde para a festa privada de despedida. Pasamos un moi bo rato bailando e cantando todas xuntas, incluso se  nos uniron amigas inglesas da escola que bailaron connosco a Macarena, que non podía faltar. Durante a festa tamén tivemos tempo para facer un pequeno parón, aproveitando para facer a divertida Gala dos Premios Eltham 2014, onde cada rapaza recibiú un premio relacionado con algúns momentos vividos durante o programa. Deixámosvos algunhas fotos para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos e despedimosnos definitivamente.

IMG_0108

IMG_0112

IMG_0131

IMG_0141

IMG_0140

Esperemos non chorar moito mañá na despedida. As monitoras estamos moi contentas co boas que foron todas as rapazas e agradecemos a oportunidade que nos deu a vida de coñecelas. Desexámoslles o mellor.

Un último saúdo, as monitoras.

IMG_0142

2 pensamientos en “16 decembro – Festa de despedida

    • De nada Pablo! Gracias a ti tamén por comentar, seguirnos e estar pendientes dos nosos pasos día a día. O certo é que as monitoras estamos moi contentas co grupo e non o dicimos por cumplir. Sentímonos afortunadas porque as rapazas puxéronnolas cousas moi fáciles! Un saúdo e a disfrutar de Lucía agora que a tedes de volta!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *