EPSOM – 08 October -Day 1 – Viajando Voy, especial aeroportos

primeira foto de grupo

Chegou o día, toca coller maleta, mochila, pasaporte e que non quede nada atrás que a viaxe vai comezar. O problema é a hora a cal estar en Peinador, 5.40, quen diga que durmiu máis de 7 horas minte, e quen diga que tiña todo organizado seguro que tamén, algo de última hora sempre se fai antes de montar no coche.

Ola somos Bieito e Marcos, seguramente papis e mamis xa nos tedes máis que fichados dende o primeiro momento, só vos faltaba por cara e corpo, seguramente a nosa experiencia profesional tamén, pero nesta vida non se pode ter todo. Por exemplo a nós non nos deixan ir 3 semanas sen os rapaces. Pero que sería o programa sen os rapaces e rapazas de Vigo? Non existiría.

Así que vamos alá con todas as gañas de axudarlles a disfrutar e aproveitar o tempo, que voando pasa. Primeira tarefa, facturar, a verdade que andivemos xustos de tempo, pero foi máis a impresión, que non fomos os últimos en embarcar, que conste en acta.

A viaxe a Barcelona sen incidencias, no aerporto sen máis, facer tempo, esperar, comer e facer outro embarque, este o bo, o que nos leva a destino, a onde? Aeroporto de GATWICK – LONDON – UK.

Ei de decir que oín a outros grupos aplaudir con máis gañas ao aterrizar en UK. A ver se foi que o cansazo puido máis que a gañas de comezar esta experiencia. Esperamos que esa enerxía da xente xove se vaia vendo nestes días, na medida e momentos oportunos.

O certo que o reparto dos catro grupos se pode decir que fai como unha velada romántica, nun espazo aberto debaixo das estrelas, moitas gañas polo primeiro contacto e só faltaban as velas prendidas. Traducido para papis e mamis, ao aire libre de noite nun aparcamento dunha escola case sen luces, ANOTACIÓN MENTAL pedirlle a Abel Caballero que faga o programa en Nadal ou que prenda as luces a próxima vez que envíe os rapaces e as rapazas ao programa. Tamén vos decímos todo o que non invirtiron nun foco, gastárono en taxis/uber de bó ver, hai algún dos rapaces que pode dar fé, pero non compartiu que tal a experiencia de ir con Mercedes.

the last four

Iso sí, algo que non sabíades rapaces e vos enterades agora en primicia mundial e que xusto cinco minutos antes de marchar os monitores, tachán, prenderonse as luces do aparcamento, British style, neste caso foi con máis dunha hora de atraso.

welcome home

A coñecer as vosas familias, aproveitade o tempo, interacturar o máximo en inglés, falar mal o inglés non é un problema, non falar ningún sí é un problema.

Keep Calm

P.D. a todos os followers disculpade pola calidade das fotos, pero o fotógrafo xa ten claro fai anos que o seu non é a fotografía.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *