EPSOM, 27 October – Day 20 – Who is who? Dinner night

O máis interesante de mañá é ver o resultado das enquisas finais, bueno máis ben ver o apartado de a onde irían se poidesen ir a vivir unha experiencia parecida no futuro. Hawaii destino por preferencia (3), Italia (2), Alemaña, Escocia, Estados Unidos (L.A., Nova Iork, Miami), United Kingdom (Liverpool) entran dentro dos parámetros esperados. Os resultados máis sorprendentes Kenia, as favelas do Brasil, Nova Zelanda, Noruega, pero especial mención ten Groenlandia ou a Antártida.

Algunha patada gramatical tamén as houbo!!!

Á tarde puxémonos rumbo a Wandsworth, para que boa parte dos rapaces xogasen a E-Sports en Gravity centro de ocio, onde tamén dispoñen bolera, dardos, máquinas arcade, billar e aquilo ao que os demáis rapaces que querían ir a facer pero o cal xa nos dixeran que non había praza, Karting, unha magoa. Mentres uns xogaban os demáis moi ao seu pesar tiveron que quedarse nas inmediacións, no centro comercial, xa que querían voltar ao Stamford Bridge, pero tanto por ter que ir en bus e o tempo que suporía non se lles permitiu.

Algunhas das caras dos que o  pasaron ben no E-Sport

O tema importante do día, a cea de despidida na pizzería Franco Manca. Menos mal que xa tíñamos reservados as pizzas porque pedir para 50 sería un pouco bastante lío. Cea compartida cás rapazas e rapaces de Cobham na parte de arriba da pizzería, o cal sempre é mellor para estar máis ao seu aire, como camarieros convidados, @s monitores.

A velada na pizzeria rematou con algún xogo, ao largo da tarde tiñan que enviarme por privado unha afirmación verdadeira e outra falsa sobre eles, as cales os demáis non tiñan que coñecer. Os rapaces e as rapazas do outro grupo non teñen moita chicha. Modificando o xogo collemos algunha afirmación verdadeiras dalgúns/dalgunhas e sacamos tres candidatos/as e os demáis tiñan que adiviñar de quen é a afrimación. Algunhas foron fáciles xa que entre eles se coñecen, o que dixen pouca imaxinación/chicha teñen os rapaces. Menos mal que están os monitores para meter algunha bola polo medio e dar chicha ao xogo cá colaboración dos candidatos (ou non).

“I think Messi is the best football player of all the time”

No comments

 

“My brother measures is 1.93m”

I have a signed REal Madrid T-shirt signed by Gareth Bale”

 

Como ven sendo costume sempre veñen a chorar a última hora para poder chegar máis tarde a casa. Desta vez démoslle permiso ás 22h, con previa confirmación da host family.

Mañá último día, estades ansiosos de voltar a casa rapaces? Mamis e papis, e vós, emocionad@s de telos de novo na casa?

 

ADIANTAMOS BLOG DO VENRES CON NOVAS RECENTES

Último día, hai varios retrasos de puntualidade, de feito de todos os que faltaban 5 xa están na clase e outros 2 quedaron durmidos (houbo que chamarlos a casa).

@s papis e mamis que valoren por si mesmo.

foto tomada 10.05, inicio break time

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *