EPSOM, 26 October – Day 19 – No more buses please!

O único salientable do día é que os rapaces pasaron máis tempo sentados en bus que de free time, o cal para variar ven moi ben;).

As clases rutina, aunque houbo a quenes se lles pegaron as sábanas, non fan máis que comer e durmir (a excepción dun que se pasou ata as 3 a.m. pegado ao teléfono). Tamén é certo, non sei en que instituto o profesorado lles carga aos rapaces de deberes, porque hai uns cantos que sempre están a pensar en ir a casa a facer os deberes en vez de disfrutar da experiencia.

Hoxe os rapaces colleron a líña 85 en dirección PUTNEY, parada Putney Bridge.

Por min visita arredor do Fulham Palace, un rato polo Bishops Park, parque pequeno pero agradable que conta cun estanque, unha pista de skate e ao lado un campo de fútbol, pena de parque porque algún xogo de animación se puido facer pero xa sei que estarían pensando no fútbol. E finalizar en Putney a cal conta cunha rúa principal con moita vida, aunque os rapaces son moi de acabar no McDonald’s, o cal acabou sucedendo igualmente.

Sabendo que este plan non lles gustaría o plan era levalos a Gravity en Wandsworth, un centro de ocio cunha gran variedade de actividades ao seu gusto, a quen non lle gustaría?

Iso sí, houbo unha proposta alternativa presentada por Nacho Couto, un dos futboleros por excelencia do grupo, é no día de hoxe máis (non digo nada máis solo mirarlle a camiseta que leva hoxe posta). A proposta ir a visitar ao Stamford Bridge.

Explicando un pouco a situación de que non nos colleron o teléfono para facer a reserva e despois de facer un consenso entre eles e con eles, a mellor opción foi ir a Gravity e no caso de non poder xogar ás preferencias dos rapaces porque non ter reserva ir ao Stamford Bridge. DITO É FEITO, literalmente.

Bus ata Wandsworth, chegada a Gravity, primeira no canto dos dentes, pois non había posibilidade de poder facer Karting nin hoxe nin mañá, os rapaces que quixeron facer E-sports (a maioria), tamén se quedaron cás gañas pero polo menos teñen a reserva para mañá.ç

Despois de recoller ao grupo que non lles apetecía xogar a nada por motivos varios no McDonald’s. Puxémonos rumbo ao estadio do Chelsea.

STAMFORD BRIDGE

Como me gusta ese eslogan do clube ‘The pride of London’, un xesto hacia a diversidade e respecto hacia todas as persoas.

A visita como foi improvisada pois foi breve pero a vez maís larga do esperado, querían marchar pero unha vez alí non tiñan tanta presa de marchar salvo algún que tiña velada cá familia ou como xa dixen antes, cós deberes.

Visita arredor do estadio, ver nunha das paredes ás figuras máis destacadas que pasaron polo clube, e algúns que entraron na tenda para levarse algún recordo e de paso facer algunha fota cás replicas das copas que ten o Chelsea.

A volta se fixo larga, pero máis pola prisa psicolóxica e por que era tarde e sabían que hoxe non ían a ter tempo libre. Hora de chegada a Kingston, 17.50h. Alí estaban as rapazas de Cobham e Epsom esperando polos rapaces. Pero xa saben que a hora de chegada é ás 19h. Que se estaban xogando a cea de despedida de mañá.

A sorpresa do día, que unha vez que comezaron a chequear, os monitores nos tomamos a libertade de comprobar se era certo que chegasen a casa (videochamada), o certo é que cachamos a máis de un que non estaba na casa, a piques de chegar nos decían, e outros que non nos daban collido o teléfono, porqué será, aunque despois de 20 minutos si deran sinais de vida.

Un día menos e xa estamos na casiña!!!!

 

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *