EPSOM, 24 October – Day 17 – Girls rules boys world

HAPPY BIRTHDAY DAVID MOINELO!!!

Aquí os rapaces momentos antes do inicio da actividade do día, Riverside Walk ao carón do Thames.

Unha cousa levou a outra e ahí no medio da praza os rapaces anímáronse a cantarlle o cumpleanos feliz entre outras cancións.

Atención non sabemos se David pediu desexo ou non, pero ao rato apareceron dúas rapazas, as cales resultan ser coñecidas por expedicións feitas días atrás en Epsom algúns dos nosos aventureiros.

A cuestión é que as rapazas querían levarse un recordo, polo cal como monitor medio guai ofrecínme a facer unha foto delas có grupo. Bieito a outra parte da dupla de monitores como o outro monitor medio guai, moveu as súas redes sociais e foi capaz de conseguir está foto, a cal tivemos que retocar por razóns obvias.

O paseo máis ben foi curto. Ao igual cás gañas de facer unha actividade en conxunto cás rapazas de Cobham. Bueno sempre hai unha excepción, Sergio. Sergio esa é a actitude que nos gusta aos monitores! Quixera poder prometerche un pase para algunha actividade molona do Concello de Vigo, pero a verdade que non teño o teléfono persoal de Abel Caballero. Pero seguro que algún dos rapaces ten o Instagram de Abel, e cho pode pasar.

con Saad, o activity leader

HAPPY DIVALI!!!

Algúns dos rapaces tiveron a oportunidade de celebrar o Divalis. O Divali é a entrada ao novo ano hindú, é unha das noites máis significativas e alegres do ano. Durante o Divali a xente estrea roupa nova, comparte doces e fan explotar petardos e fogos artificiais.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *