EASTBOURNE – 5 de outubro, 2017

Ola a todos!

Hoxe vivimos un acontecemento único nas nosas vidas, tivemos unha audiencia na Willingdon School coas alcaldesas de Polegate e Eastbourne, nin que fóramos o rei e a raíña hahahhaha 😀 O noso cole localízase no límite entre estes dous concellos, polo que decidimos que as dúas políticas tivesen o pracer de coñecernos 😛

Todo o acto foi moi protocolario e non puidemos facer nin as nosas propias fotos, polo que dependemos das que nos envían dende o cole e a organización. É unha mágoa que non poidamos saír todos, pero xa sabedes como son estas cousas e non querían multitudes…

Marco entregoulle á alcaldesa de Polegate o agasallo da cidade de Vigo: un libro das Illas Cíes e un pendrive con vídeos sobre a historia e as costumes da nosa terra. En agradecemento, e a modo de Eastbourne Challenge, levamos para Vigo unha camiseta que pon IEastbourne. Temos que conseguir que Abel Caballero saque unha foto vestindo esta camiseta 😛

Tamén fixemos un brindis a saúde do noso alcalde: por Vigo!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *