EASTBOURNE – 30 de setembro, 2017 – BRIGHTON!!

Boas!!!

O sábado tivemos a segunda das excursións, esta vez a Brighton, unha cidade moi cerquiña de Eastbourne, a tan só media hora en tren. A pesar de que a maioría non sabíamos moito sobre Brighton, sorprendeunos moito, é chulísima!!

Na estación de tren

Nada máis chegar, comezamos a nosa ruta desde a estación de tren e descubrimos que a cidade está chea de cor e graffitis, algúns deles moi famosos, como por exemplo algunha obra de Bansky. Case parecía que estábamos en Vigo pola cantidade de murais que hai decorando as rúas!!

Graffiti de Bansky

Graffitis…

graffitis…

e máis graffitis…

Todos estos graffitis atopánse nas Lanes, a zona máis alternativa de Brighton, chea de tendas de segunda man e de cafeterías moi bonitas, gustounos un montón!! Nada  máis saír desta zona chegamos a un dos monumentos máis coñecidos de Brighton, o Royal Pavilion, un edificio construído polo rei George IV imitando as formas e fachadas do Taj Mahal. O guía contounos un poquiño da súa historia e significado, sorprendeunos moito ver un edificio así no medio dunha cidade inglesa. Precioso!!!

Royal Pavilion, Brighton

O noso paseo levounos ata o Pier de Brighton, moi parecido ao de Eastbourne que xa vístedes nas outras fotos 😀 . O máis guai é que ten dentro un parque de atraccións, pasámolo coma nenos pequenos 😛

Co Pier ao fondo

Desfrutando no parque de atraccións

De volta ao centro da cidade pasamos pola zona vella de Brighton, chea de edificios e tiendas moi curiosos! Pasamos por diante dos dous pubs máis antigos da cidade, levan abertos xa desde o século XVI, case nada 😛

Pubs antigos

Pero sen dúbida o que máis nos gustou foi Choccy Woccy Doodah, unha tenda onde TODO estaba feito de chocolate de todos os tipos que vos poidades imaxinar, caíasenos a baba!! Tiña todo tan boa pinta que ata Johnny Deep lles pediu que fixesen alí a súa tarta de voda!!

Chocolatería Brighton

Tarta de chocolate

Abriunos tanto o apetito que xa só podíamos pensar en comer, polo que aproveitamos para rematar o tour e desfrutar de tempo libre pola cidade (tranquilos, que tamén mercamos regaliños hehehe)

Ata mañá 🙂

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *