EASTBORUNE – 1 de outubro, 2017 – Beachy Head

Ola a todos!!

Este domingo pola mañá, en vez de descansar, decidimos ir visitar Beachy Head, un dos parques naturais máis famosos de Inglaterra. A pesar de que o vento era forte e chuviscaba un pouco, puidemos desfrutar dunhas marabillosas vistas sobre os acantilados das Seven Sisters, unha das imaxes naturais máis fermosas e coñecidas do país.

Beachy Head

Beachy Head

Despois de visitar un pouquiño a zona e de sacar unhas fotos, baixamos camiñando cara Eastbourne. O noso paseo rematou na praia, onde puidemos ver os acantilados desde abaixo.

De camiño a Eastbourne

Mirade que vistas!!

O noso guía explicounos que os acantilados están formados de pedra caliza, e que por isto son susceptibles de erosionarse máis facilmente pola acción do vento, da auga,… Tamén nos contou que as pedras que forman a praia de Eastbourne son na súa maioría sílex, o tipo de pedra utilizada na Prehistoria para facer ferramentas e lume. Non puidemos evitar viaxar atrás no tempo e probar a facer lume frotando dúas pedras hehehe. Non o conseguimos que fixera chispa, pero si que cheirara a queimado hahaha 😀 😀

Escadas á praia

Outro punto de vista dos acantilados

Na praia

Quen nos ía dicir que visitaríamos unha praia inglesa en outubro!!

Rematamos a excursión camiñando polas pedras ata chegar ao paseo marítimo de Eastbourne, donde comezou o noso día de descanso 😛

 

Camiñando pola praia

 

Non vos esquezades de comentar, agardámosvos con impaciencia hahaha 😀 😀

Ata a próxima amigos 🙂

2 pensamientos en “EASTBORUNE – 1 de outubro, 2017 – Beachy Head

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *