Dublín 2022 – Día 18 – 25/07/22 – Visita do concello & sports

Good morning, families!!

Como estades? Nós xa coa coa conta atrás, así que vouvos contar o que fixemos o derradeiro luns desta fantástica experiencia que estamos a ter.

Pola mañá tivemos visita especial, xa que membros do concello así como representantes de Newlink viñeron ver como nos iba. Reunímonos todos no hall do cole, intercambiamos impresións e fixemos unha foto para rematar.

Quedaron encantados, como o estamos nós 😁💃

Despois desa mañá diferente, comemos e despois tivemos as actividades da tarde que, como todos os luns e mércores, son deportes e artes. Imos chegar dunha boa forma e cunha creatividade que non volo creedes 😂


Ao rematar, como cada día, tivemos tempo libre e logo para casa, a cear coa familia.
E iso foi o que deu de sí o derradeiro luns, veremos que nos depara o resto da semana.

Bicos e apertas!! 🤗

Un pensamiento en “Dublín 2022 – Día 18 – 25/07/22 – Visita do concello & sports

  1. Moitas grazas Emma e Laura tanto por contarnos coma polas fotos.
    Esta fermosa experiencia que están a vivir non sería posible sen vos.
    Moitas grazas por todo e espero que poidades disfrutar do resto da semana.
    Unha aperta!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *