Dublín 2022 – Día 11 – 18/07/22 – Sports & Arts

Bós días de novo, familias!!

Esperamos que esteades tan ben coma nós 😊

Onte, luns, comezamos nova semana sen ningún problema. Xa temos totalmente interiorizada a nosa rutina de transportes para chegar ao cole e segundo imos chegando xa nos metemos directamente na aula que nos toca.

Da mañá non hai moito máis que salientar. Onte supúñase que ía ser un día de verán absoluto, con temperaturas de ata 30 graos… Nada que ver coa realidade 😅 A medio día comenzaron vir nubes e levantouse o vento, polo que ata chegamos a ter frío. Ademáis, cairon unhas gotas de choiva en dous momentos do día (a iso das 12 e das 16). Xa non nos cremos nada do que di a previsión 🙈

Iso non nos impediu levar a cabo as actividades da tarde (sports), como cada luns e mércores.

Como novidades, onte tivemos baloncesto…

…e tenis.

Estes foron deportes que ata o momento non xogaramos. Encantounos poder practicalos, aínda que ás veces a pelota de tenis se nos perdera polos matorrais do redor das pistas 😂

E, coma sempre, houbo quen preferiu descansar e aproveitar para socializar e cotillear un anaco 🙊

Ademais, os días que hai sports tamén temos as actividades de Arts, para que os máis creativos deixen voar a imaxinación 🎨🖌️

E así pasou un día máis no Manor House School! Veremos que nos depara o día de hoxe, mañá volo contamos 😉 

Bicos e apertas!!! 🤗

 

 

 

Un pensamiento en “Dublín 2022 – Día 11 – 18/07/22 – Sports & Arts

  1. Bos días!
    Cada día estamos mais enganchados as publicacions do blog.
    Moitisimas gracias Emma e Laura por todo o traballo que estades a facer co grupo Dublín. Non cabe dubida de que son un grupo moi afortunado por tervos como monitoras.
    Unha aperta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *