Día 21: Regreso a casa dende St Neots

Bo día familias (e rapaces)!

Despois dun día longo de viaxe e coas maletas cargadas de recordos, estamos xa de volta en Vigo, o que significa que remata así a nosa aventura polo Reino Unido.

Comezamos na madrugada do luns despedíndonos das nosas host families para coller o bus que nos levou de volta ao aeroporto de Gatwick en Londres. Deixamos detrás tamén aquí St Neots, a vila que foi a nosa casa durante as últimas tres semanas.

A maioría dos rapaces aproveitaron as dúas horas de viaxe para durmir no bus, xa que ainda era noite cando nos marchamos.

Unha vez no aeroporto, fomos aos mostradores para facturar as nosas maletas. Algún algo preocupado polo pesa da súa equipaxe, pero ao final non houbo problema ningún.

Estivemos esperando até que saise o noso avión, tempo no que puidemos almorzar, ir ao baño ou simplemente descansar un pouco.

Aproveitando o tempo en Barcelona para dencansar

O avión tamén fai de cama

Unha vez chegados a Barcelona, volvimos pasar os controis finais sen incidencia e tivemos tempo para comer e descansar, xa que o voo a Vigo non marchaba até despois de comer.

Xa no aeroporto de Peinador e coa vista posta nas nosas familias que nos agardaban ansiosas destrás das portas automáticas, recollimos as nosas maletas e nos despedimos entre choros e apertas.

Xa en Peinador

Como monitores, queremos agradecer aos nosos rapaces polo seu excelente comportamento e actitude durante toda a viaxe. Fixemos todo o posible para que a vosa experiencia no extranxeiro fose o mellor posible, pero sin vos esto non tería sido nin a metade de divertido. Foi un pracer coincidir con todos nesta viaxe.

Querémosvos moitísmo e esperamos reencontrarnos pronto con vos, en Vigo, Zaragoza ou Covent Garden.

Foto de grupo final

Moitísimos bicos e apertas para todos,

Javichu e Ana.

avatar

Ana Doforno Nóvoa

2 pensamientos en “Día 21: Regreso a casa dende St Neots

  1. Moitas grazas Ana e Xavi!! Gustoume moito ler cada día o voso blog diario! Carla veu encantada, foi unha experiencia increíble !!!

    • Foi un pracer para nós compartir convosco a noso día a día en St Neots, esperamos que vos servise para sentir aos rapaces preto a pesar da distancia e nos alegramos de que ela volvese feliz dalo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *