Día 18: Ceroc dance en St Neots

Boa noite familias!

Como cada xoves, hoxe tivo lugar o mercado en Market Square no que algúns dos nosos rapaces aproveitaron para mercar algunha cousa no descanso da mañá ou xa pola tarde.

Mañá teremos as presentacións finais dos proxectos, polo que os grupos estiveron pulindo os últimos detalles dos seus traballos así como practicando as exposicións orais.

Un dos grupos preparando a presentación

Traballando no proxecto final

Rematando a presentación

Ademáis, as profesoras prepararon un listening no que os rapaces propuxeron cancións para unha actividade final de completar a letra das cancións.

Completando a letra das cancións

Despois de comer tivemos unha primeira actividade referida a xogos e exercicios relacionados cos efectos visuais.

Na segunda parte da tarde recibimos unha clase de ceroc dance, un estilo de baile que fusiona diferentes estilos en parella e que é moi popular aquí no Reino Unido. Ademais do profesor, viñeron tamén un grupo de bailaríns para poder guiarnos mellor durante a clase.

Dando os primeiros paso de ceroc

Atentos ás indicacións do profesor de baile

A algúns costounos máis ca outros adaptarnos ao ritmo pero, unha vez repetimos a rutina de baile un par de veces, xa puidemos desfrutar da actividade e pasalo ben todos xuntos.

Foto grupal cos bailaríns de ceroc

Volvemos mañá con máis novidades!

Javi e Ana.

avatar

Ana Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *