COSTESSEY 23/09 – Scavenger Hunt!

Ola a todos!

Hoxe foi o noso segundo día no instituto, aínda que para todos podería contar como o primeiro propiamente dito.

A pesar de levar tan pouco tempo, chegamos case todos sen problema e desexando comezar o día, que non se diga que non lle poñemos ganas!

Coa comida traída da casa e coa axuda dos nosos buddies e monitoras comezamos as clases do día con esa mistura de nervios e emoción que esta caracterizando esta viaxe.

sam_3399-compressed

Unha vez rematadas as clases, volvemos coller o autobús para irmos a cidade (e si, seguimos emocionándonos coma o primeiro día e querendo ir todos no segundo piso, seguro que a vós tamén vos pasaría o mesmo).

Unha vez que chegamos ao centro comercial tivemos que realizar un xogo. Este consistía en ir por todo o lugar sacando fotos de obxectos que comezasen por cada unha das letras do abecedario. Como non, moitos de nós aproveitamos para entrar no Poundworld e comprar algunhas cousiñas, que por un 1£ a ver quen se resiste!
sam_3395-2-compressed-1
sam_3389-1-compressed
Con este xogo aproveitamos para explorar algo máis o centro comercial, facer algunhas compras, e coñecer mais aos nosos compañeiros de equipo e de grupo.

Ao final o gañador, como sempre pasa nestas cousas, foi o de menos, pero o que si podemos dicir e que pasamos unha tarde xenial e descubrindo mil cousas novas.

E agora, imos indo para a cama, que mañá temos que estar descansados para a excursión a Cambridge. (Nótasenos a emoción, non si? Ata mañá!)

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *