COSTESSEY 07/10 – Tarde de deportes!

Bo día familias!

Estamos a un paso do que será o noso último fin de semana nesta cidade e desta experiencia, así que intentamos aproveitar cada minuto do que dispoñemos… Mais non imos poñernos tristes! Que o que importa é que foi (e está a ser) unha experiencia marabillosa!

img-20161007-wa0020

Hoxe tivemos unha mañá máis de aulas, e ao rematar saímos cara a cidade para poder gozar dunha tarde de xogos e deporte. E menos mal que non os fixemos no cole! Que xa estamos coñecendo de primeira man o que é o tempo inglés…

Unha vez alí, dividímonos en dous grupos, xa que sendo 25 é bastante complicado podermos xogar todos xuntos… Entón, o que fixemos foi, uns xogaban primeiro ao bádminton e outros ao baloncesto e despois mudábamos a orde. E unha vez rematados, todos para casa, que había que descansar abondo para o día de mañá, xa que saímos nada menos que ás 7 da mañá para ir a Londres! Pero de seguro que vale a pena.

Mañá máis e mellor!! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

img-20161007-wa0012

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *