Colchester (día 20): último día de clases

Ola, familias!

Como todas as historias esta tamén está a chegar ao seu fin e é que hoxe foi o último día de clases (e de cambios de grupo) no St. Andrew’s College.

Despedímonos tamén da cantina e da súa «elaborada» gastronomía británica, si, será o que máis botaremos de menos, sen dúbida (hahaha, risiña irónica).

Os vosos querubíns foron a clase durante toda a xornada e ao finalizar o día tiveron o «momento da graduación», a algún ata se lle saltaba algunha bágoa de emoción despois de todas as vicisitudes que pasaron no college… pero xa vedes, proba superada! Parabéns, rapazada!

Déixovos aquí un feixe de fotos do momento que seguro quedarán para o recordo.

Entrega de diplomas pola organización a Claudia

Anxo recibindo o seu diploma

A entrega foi un «momentazo» (Uxía concorda)

Hugo S., Alexandre, Carlota, Alba e Elisabeth con cadanseus diplomas, well done!

 

 

 

 

 

 

 

 

Agora toca acabar de facer as maletas, agás algunhas das nosas rapazas: Daniela, Lara, Lola e Antía, xa que as súas familias invitáronas a unha voda inglesa de tarde, si, como o ledes, pero non imaxinedes algo similar a unha voda española, con dicirvos que o menú principal son sándwiches dicímolo todo. Toda unha experiencia, sen dúbida.

As nosas rapazas de «damas de honra» coa noiva

Mañá toca «madrugón», desexádenos sorte para que non haxa ningunha complicación de camiño. Nunca mellor dito, atá mañá! En breve estamos aí! 🙂

avatar

Joaquín García Domínguez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *