Colchester (día 19): excursión a Colchester

Ola de novo, familias!

Xa nos estamos achegando á conta atrás desta experiencia en terras inglaterrienses (como diría Lola).

Como todos os días de excursión, recollimos no college o noso pack lunch (por se non vos lembrades o kit está composto por: sándwich, bolsa de patatillas, mazá cortada en cuarteiróns e un sobre de iogur líquido de sabores). É moi probable que algúns dos rapaces non queiran volver ver un sándwich na súa vida… e devezan á súa chegada por algún produto patrio: «aviso a navegantes».

No bus, camiño ao centro de Colchester

Hoxe despedímonos do centro da cidade de Colchester que, recordemos, é a cidade máis antiga de Inglaterra. Deixámosvos por aquí algunhas das fotos, para que vexades un pouco como é.

“Jumbo” Tower of Water (depósito de auga da época vitoriana)

Parte da muralla medieval

Portas de colores (Lara seguro que as fotografou, moi fan)

Primeiro quedamos nas inmediacións dos xardíns do castelo, para decidirmos como distribuír o tempo libre o resto da xornada.

Algúns aproveitaron para mercar os últimos agasallos, pensar como vai entrar todo iso na maleta… ou cambiar a unha mochila un pouco máis grande (xornada de compras e reflexión). Tamén houbo tempo para outros plans, por exemplo, esta panda decidiu ir tomar un xeado ou un milshake.

Todo o mundo contento no Kaspa’s (si, o nome do local non tería bo marketing en España)

Rapazada e máis eu comprobando a calidade do produto

 

Despois de percorrermos todos os recantos da cidade, tocou o «momento despedida». Nesta ocasión tamén de Lucie, a monitora de actividades do college que nos acompañou practicamente a todas as excursións. Seguro que os rapaces a van botar de menos.

Onde está Lucie?

Parte dos nosos rapaces con Lucie

Mañá último día, coas clases e a «graduación» como colofón final. Xa queda nada! Boa noite!

avatar

Joaquín García Domínguez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *