Colchester (día 18): último domingo de familias

Boa noite!

A nosa rapazada compartiu este domingo coas súas familias de acollida e é que xa estamos na recta final, o próximo xa o compartirán convosco e estamos seguros que sairá algunha que outra anécdota dos domingos anteriores.

Hoxe houbo plans para todos os gustos, desde máis tranquilos ata máis animados, preto de Colchester ou non tanto…

Por exemplo, Dani e Diego estiveron en Londres, concretamente no estadio olímpico e sede do equipo West Ham United. Planazo!

 

 

 

 

 

Pola súa banda, Sabela e Anxo tiveron o típico día «domingueiro» de centro comercial; estiveron no Lion Walk Shopping Centre de Colchester.

Entrada con moito floreo

Chocolate paradise

Sabela na sobremesa (falando quizais dalgún dos libros de Yuval Noah Harari?)

Alba e Carlota sempre fan plans moi diferentes coa súa host family, hoxe foron ata Brightlinesea a atrapar caranguexos, vaites!

Preparándose para a captura no peirao de Brightlinesea

Elisabeth e Uxía tiveron plan caseiro con Coral e Claudia e cociñaron nada máis e nada menos que catro tortillas de patacas! Non sabemos se con ou sen cebola, pero a este paso vémolas montando, como mínimo, un restaurante de tapas.

Equipazo de chefs: Claudia, Elisabeth, Coral e Uxía

 

Perspectiva I das tortillas (cortesía de Coral)

Perspectiva II das tortillas (cortesía de Uxía)

No caso de Pablo e Juan fixeron un plan nun sitio próximo, nun pobo chamado Wivenhoe, que como vedes é ben bonitiño.

 

 

 

 

 

 

 

Pablo e Juan coa súa host mother (de dereita a esquerda)

Alonso e Germán tamén tiveron un día do máis caseiro, cun gran xantar familiar e logo coa visita á casa da filla da familia. Tamén desfrutaron do seu momento coas mascotas da casa e é que nótaselles ben que lles gustan os animais.

Germán e Nala fixeron boas migas

Sadow devece por Alonso

Cóxegas para Macy

Outras familias fixeron un plan máis cultural, como é o caso das nosas rapazas Antía, Daniela, Lara e Lola, que visitaron unha igrexa do s. XV en Colchester. Tamén estiveron con elas Alexandre e Hugo S., pero esquecéronse de inmortalizar o momento, unha mágoa! Iso si, a Antía aínda lle quedou enerxía para dar un concertiño en petite comité.

Igrexa de Stratford St. Mary (Colchester)

As nosas catro magníficas: Antía, Daniela, Lola e Lara

Antía, en pleno apoxeo artístico

Porén, outras das rapazas, como Carla e Paloma comezaron o día cun bo English Breakfast, xa que pola tarde volveron a Clacton-on-Sea para gozar das atraccións e, polo que se ve nas fotografías, seica o pasaron xenial na montaña rusa (unha máis cá outra haha).

Por último, algúns dos rapaces simplemente quedaron na casa a descansar. Día de relax e de non facer nada para Hugo C., Miguel e Gabriel. Ás veces, tampouco é mal plan.

Mañá máis ou, mellor dito, un día menos para rematar esta aventura. Lémonos!

 

 

avatar

Joaquín García Domínguez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *