Colchester (día 16): día de clases

Ola de novo!

Seguimos con cambios de clases por mor do novo alumnado estranxeiro que chega ao college, o que provoca unha lea na organización dos grupos dos nosos rapaces. Aínda así tiveron algún momento máis produtivo no que xogaron ao Kahoot! e onde todos e todas facíanse chamar Juan (e é que Juan xa temos un, inimitable).

Juan absoluto gañador 😛

Por outra banda, hoxe mostramos a Lara e Antía facendo vida, ou festa, coa familia de acollida de Lola e Daniela, xa que as súas host mothers son irmás e sempre acaban por se xuntar e facer algún plan (todo queda en familia).

As nosas protagonistas: Daniela, Antía, Lara e Lola

Mañá toca última visita a Londres, que aproveitaremos seguro. Boa noite!

avatar

Joaquín García Domínguez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *