Colchester (día 15): segunda visita a Cambridge

Boa noite, familias!

Esta foi a nosa segunda volta a Cambridge e, como xa coñecemos un pouco máis a cidade, a nosa rapazada desenvolveuse como peixe na auga.

Ao chegarmos tivemos tempo de facer o lunch nun dos preciosos parques da cidade. Alí atopamos unha ONG que nos animou a participar nunha actividade para experimentar as dificultades que poden sufrir as persoas cegas.

Despois dirixímonos ao río Cam (de aí o nome da cidade) para facer punting. Isto vén a ser a navegación nun punt, unha barca tradicional inglesa semellante ás góndolas, mediante a propulsión cun pau que se apoia no fondo do río. Cómpre dicir que o pasaron xenial, mesmo que ás veces fixeran un chisco de atasco, sobre todo porque eran eles e elas as capitás ou os navegantes.

Momento no peirao antes de embarcar

Gabriel preparado para a navegación

Antía capitá, semella que está no seu elemento

Diego capitán, collendo o camiño máis «recto»

Daniela navegando e o resto da tripulación en pleno motín

 

Pablo non daba conseguido praza de estacionamento

Algúns estaban tan relaxados que ata tiveron tempo de sacarse algunha que outra foto.

Alex e Alba, chilling

Carlota e Anxo repousan mentres Antía fai o traballo duro

Ao acabar a actividade tiveron tempo libre en Cambridge e a oportunidade de comprar algún agasallo que lles quedara pendente (sei que algúns de vós non poderedes ter queixa, aí o deixo).

E para rematar, déixovos un bonus track de onte, xa que os nosos rapaces quedaron no centro de Colchester para cear así de ben (fáltannos as fotos dos que foron ao McDonald’s, pero entendo que non lles chamase tanto a atención).

Cea de españois nun italiano en Inglaterra

Mamma mia, bocato di cardinale!

Lola (e máis Juan) decantáronse polo sushi

Hoxe xa vedes que foi unha entrada de blog completiña. Mañá máis!

 

avatar

Joaquín García Domínguez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *