Colchester (día 13): día de actividades no «college»

Boas, familias!

Igual que o martes anterior, tocou día de actividades. Esta vez, non sabemos moi ben se pola onda de calor, pero os do «college» andaban un pouco máis apampados e, por exemplo, a actividade de conversa en inglés, aínda que ao aire libre e á sombra, foi moi «frouxa».

No punto de encontro esperando a primeira actividade («quen espera, desespera»)

Mentres, algunhas non perden o tempo e fan provisión dunha especie de iogur líquido de sabores que vén co pack lunch e que non ten moito éxito entre as demais. Quen será?

«¡Mi tesoro!»

Como vai moita calor despois estiveron a ver unha peli, Jumanji, pero polo que me comentaron non tivo precisamente moito éxito.

 

 

Diego (en diminuto á esquerda) escapando da calor… e de Lara

Pola tarde, algúns valentes, capitaneados por Dani, animáronse co tenis; outras déronlle ao Just Dance e a última hora, coa fin de estar nun espazo interior e combater esta calor, os nosos rapaces improvisaron carreiras con cadeiras e o xogo da pita versión zombi (creatividade non lles falta, como vedes).

Girl power!

Por certo, hoxe tamén foi día de graduación universitaria, sen dúbida outro día «perfecto» para levar capa negra e barrete… a 35º.

Que teñades moi boa noite, deica mañá!

avatar

Joaquín García Domínguez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *