CHESTER-3/10/19-XOGOS DE REFLEXIÓN

Boas tardes,

Disculpen a tardanza nesta entrada, onte rematamos algo máis tarde do habitual o día. Un día repleto de emocións e unión do grupo.

A saída da escola algúns cearon xuntos no centro de Chester e outros cás suas familias de acollida, para reunirnos todos as 19.30 no campus universitario de Chester. No campus, as monitoras preparamos diferentes xogos para traballar a cohesión grupal e diferentes habilidades sociais. Na primeira das actividades, por exemplo, reflexionaron sobre si mesmos, como afrontaron as súas dificultades aquí, a súa comunicación e habilidades sociais , o trato ca familia, amigos e consigo mesmos. Sempre respetando a privacidade de cada un dos nenos e nenas.

Na segunda e terceira actividade traballamos sobre prexuízos existentes na sociedade a rasgos xerais e na segunda sobre privilexios que temos para tomar conciencia dos nosos actos día a día e valorar máis todo o que nos rodea.

Foi unha actividade moi ben recibida e aproveitada polo grupo, sen dúbida algunha descubriron moito e empatizaron co resto dos seus compañeiros, limáronse pequenas diferenzas e fortaleceuse moito o grupo.

Estamos de volta a noite, máis e mellor!

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *