CHESTER-29/09-VIAXE A GALES

Boas noites a todos e todas!

Rematamos a fin de semana cun viaxe a Gales, comezamos cunha viaxe en autobus vendo unhas paixases do máis rural, tan tan verde que as veces parecía que estábamos na nosa terriña.

Chegamos tras unha hora de viaxe o noso primeiro destino: o parque nacional Snowdonia en Betws e Coed, por sorte puidemos realizar unha ruta ata unhas fermosas cascadas sen choiva algunha! Despois almorzamos no pobo e volta ó bus para o noso segundo destino: o castelo de Conwy, unha fortificación considerada patrimonio da humanidade, construída no século XIII. A continuación deixamos algúns dos recordos das asombrosas vistas dende as torres do castelo e da nosa aventura nas terras de Gales.

Volvemos mañá coas novas na nosa terceira semana en Chester!!

 

 

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *