CHESTER-28/09-EXCURSIÓN A MANCHESTER

Boas noites a todos e todas!

Sentimos a demora xa que onte non puidemos publicar o blog. O venres finalizamos a xornada lectiva e tivemos unha visita o teatro e biblioteca da cidade, Storyhouse, unha biblioteca moi diferente ás que acostumamos visitar, cun restaurante e cafetería no medio da mesma e diversos espacios nos que podes disfrutar gratuítamente dun tempo de lectura. Tras a visita os nenos/as decidiron visitar o Cheshire Oaks Designer Outlet para mercar algún que outro regalo.

Hoxe comezamos o día rumbo Manchester, tras unha hora de viaxe chegamos o MOS, o Museo de Ciencia e Industria, un museo moi interactivo con varías exhibicións como por exemplo sobre a industria téxtil ou o sol, tamén con acceso a unha antiga estación de tren. Dende o museo camiñamos o centro da cidade, chea de contrastes, edificios victorianos frente os máis modernos. Un día moi chuvioso pero moi ben aproveitado!! Aquí tedes algunhas fotos doutro fin de semana no Reino Unido!

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *