CHESTER-26/09- GYMKANA EN CHESTER

Moi boas noites!!

Pechamos outro xoves en Chester, achégase un fin de semana do máis movidiño! O sábado visitaremos Manchester e o domingo un parque nacional en Betws e Coed máis o Castelo de Conwy de tarde. ¡Non da chegado o momento!.

Tras un día de clases rutinario realizamos unha actividade coas nosas monitoras, unha gymkana pola cidade, en catro grupos de seis personas tivemos que ir superando diferentes probas, coa axuda dun mapa xa que descubrimos novas rúas e lugares dunha proba a outra. Comezamos na plaza do concello, onde atopamos a Janya, a estatua dun elefante. Despois tivemos que atopar o ponte máis antigo da cidade, The Old Dee Bridge, e por último o reloxo máis fotografiado de toda Inglaterra despois do Big Ben, o Eastgate Chester Clock. Quedaron probas pendentes para o próxima, dado que tiñamos que voltar a casa para a cea inglesa! Pero tivemos un grupo gañador: Estela, Iago, Vicky, Martín Estévez, María e Laura Domínguez. E ben merecido, moi bo traballo en equipo!! Aquí van unhas fotos do día:

Ata mañá a todos e todas!

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *