Dublín – Día 3 – Free Day – 10/07/22

Boas, familias!! 😄
Onte, domingo, tivemos día libre, así que cadaquén fixo o que máis lle apeteceu. Algúns foron a parques que tiñan perto da casa, outros optaron por ir ó city centre, outros fixeron un pouco de todo…
Pero o importante é que pasaron un día estupendo coñecendo a cidade.
Para poder ensinarvos o que fixeron no free day, pedimos colaboración cidadá pero, como vedes, o noso chamamento parece que non chegou a todo o mundo 😅. Iso sí, podemos asegurarvos que tanto os retratados como os que non enviaron nada pasaron un día xenial. Esperamos que en vindeiras ocasións poidades ver o que fixeron absolutamente todos. 😉🤞
Hoxe xa comezamos no cole, polo que mañá vos contaremos como foi o primeiro día da nosa nova rutina.
Bicos!!

Dublín – Día 2 – 9/07/22 – Kilkenny City and Hurling

Ola familias!
Despois do extenuante día de onte, non pensedes que hoxe íamos descansar… 😅
Ás 9 da mañá estabamos no cole (todo o mundo foi súper puntual, ben feito equipo!! 👏) onde varios buses esperaban por nós para ir a Kellkenny, un fermosísimo povo medieval, fundado polos normandos no século XII. Nas seguintes fotos podemos ver o seu famoso castelo.
Pero antes de poder desfrutar das súas rúas, fomos xogar ó Hurling, un dos deportes nacionais de Irlanda. É unha mestura entre baseball e hockey, para o que se usa un pau parecido ó do hockey e unha bola como as do baseball. O equipo de Kellkenny é dos mellores de Irlanda, e o día 17 xogarán a final da liga. Go Kellkenny!! 💪 Están tan orgullosos do seu equipo que toda a cidade está plagada das cores do equipo (amarelo e negro), e ata teñen unha estatua en honra ós xogadores.
Como é lóxico, ensináronnos só as regras e xogadas básicas, pero descubrimos novos talentos para o Hurling 😌 E, como curiosidade, que saibades que os xogadores non cobran nada por xogar, nin os profesionais. Todos os que xogan fano no seu tempo libre, por amor ó deporte. Así que os xogadores sempre deixan a pel no campo, non como algúns fubolistas… 🙄

Sentados agardando a que nos contasen a historia e as regras do Hurling

Rematamos esfondados, xa que é un deporte bastante esixente a nivel físico. Así que voltamos ó bus, que nos levaría ata o centro do pobo, e alí tivemos tempo libre para xantar e facer un pouco de turismo.
Ás 3 da tarde fumos coller o bus de volta a Dublín e, polo camiño, atopamos uns vehículos curiosos 🙈
Unha vez alí, cadaquén colleu o seu camiño de volta á casa.
Mañá teremos día libre, (por fin!) e poderemos desfrutar da cidade sen présas.
Xa vos contaremos 😉
Bicos!!

Dublín 2022- Día 1- 08/07/22

Pois xa chegou! O día que tanto esperabamos todos xa está aquí!
Hoxe era o noso turno de empezar esta viaxe a Dublín! Como todos ben sabemos 😴😴 ás seis da mañá tocounos ir chegando ao aeroporto, onde nos fumos coñecendo case coas marcas da almofada na cara!
No aeroporto non se sabía quen estaba mais nervioso, se os pais e as nais, ou os fillos (Bueno, sí se sabe pero non o queren recoñecer). Despois de moitos bicos e abrazos e algunha que outra lagrimiña conseguimos facturar e finalmente embarcar. Así luciamos xusto antes de entrar neste primeiro voo Vigo-Barcelona.
Neste primer vó non houbo incidencias. Xa no Segundo tivemos algúns problemiñas coa tarxeta de embarque de catro estudantes. Pero bueno! Solventouse rápido e non se pode dicir que os estresase moito, se non mirade como durmían todos minutos despois.🤣🤣
Estas foron Unhas vistas que tiñamos a poucos minutos de aterrizar en Dublín
Unha vez xa aterrizados, uns máis espertos que outros, recollimos maletas facturadas e fumos ao bus que nos levaría ata a academia a que imos a asistir estas vindeiras 3 semanas.
 Unha vez ali, uns por taxi e outros por bus foron levados as suas casas, onde xa cada un cenou coa sua familia.
Como xa podedes ver foi un día agotador! Hoxe creo que estamos de acordo que nos imos ir durmir pronto todos! Mañá vai ser un día moi emocionante hai que gardar folgos!
Ata maña!

Presentación monitoras! – Dublín

Ola, Familias!

Xa tedes todo listo? Porque nós si! Soamente queda presentarnos…
Somos Emma (esquerda) e Laura (dereita) e entre as dúas sumamos 52 aniños! Ambas as dúas somos de Vigo e Laura estudou en Santiago, unha Licenciatura en Filoloxía Inglesa, e Emma está a estudar Enxeñería de Enerxías en Madrid.
Laura sempre foi un pouco nómada, e máis aínda dende que fixo o seu Erasmus en Inglaterra. Dende entón, dedicouse a traballar como recepcionista en diferentes sitios como Ibiza ou Segovia, e agora está a traballar de profe de inglés nun I.E.S. de Cantabria. Está que non cabe nela por tér a oportunidade de voltar ao estranxeiro, aínda que lle dea pena deixar o seu gatiño na casa!
Unha das grandes aficións de Emma é o deporte, algo que comparte con Laura. Practica rugby cando está en Madrid, pero aproveita sempre que pode a facer surf cando vén por Vigo. Ademáis, gústalle tanto a música que estudou violín no conservatorio. Como xa vos contamos, está rematando a carreira e o ano que vén irá de Erasmus. Aínda que esta será a súa primeira vez nesta experiencia (Laura é a terceira vez que repite), está desexando que chegue o momento de coñecer a todo o grupo e emprender con vós esta aventura.
E agora só queda dicir… Facede ben a maleta e non vos pasedes do peso 😉
Durmide ben, non cheguedes tarde e non esquezades nada IMPORTANTE!
See you on Friday!!
Biquiños! 🙂
P.D.: Laura está de cumple o venres, non vos esquezades e portádevos ben para que teña un cumple moi feliz. ❤️