PRESTATYN 1/10 – Open evening

Hi, families:

Outro día saudando por aquí. E comezamos por darvos as malas novas: hoxe non teño ningunha foto posto que pasaron o día no insti e alí teñen prohibido sacar fotos.

Aínda así, foi un día do máis interesante. Alexia, Nico, Antía, Alba e Lucía asistiron á Open Evening de Prestatyn High School, mentres o resto do grupo disfrutou dunha perfecta tarde libre que agradeceron moito.

Trátase dunha xornada de portas abertas que realizan cada ano a maioría das institucións británicas para dar a coñecer os seus programas e que os pais poidan entender un pouco mellor onde estudiarán os seus rapaces.

Os nosos estudantes puideron participar en xogos para aprender idiomas, sobre todo porque a recompensa se gañaban era chuches. E a iso non se nega ninguén, sexa adulto, adolescente, español ou británico. Ademais, tiñan moitos tipos de doces e tartas para catar e a vergoña non os caracteriza, así que foron os primeiros en probar.

Noutra das salas, atopáronse un montón de mascotas como cans, coellos, hámster… Unha exhibición que os sorprendeu bastante, pois non é moi habitual este tipo de eventos nos nosos colexios (non me quero imaxinar como quedaría a preciosa moqueta á que nos teñen acostumbrados neste país).

E dado que podían recorrer todo o insti sen censura, metéronse na aula de música a tocar o piano. A música soaba polos corredores e a cada paso atopabas a xente cantando e bailando. E os nosos rapaces non ían ser menos, polo que se puxeron a bailar a Macarena, obvio.

Oxalá poder mostrarvos un pouquiño desta experiencia, pero o importante é que eles a disfrutaran.

Mañá virei con máis novas e esta vez con fotiños que as acompañen.

 

See you!

 

 

PRESTATYN 30/09 – Cooking time

Good morning, families!

Volta a rutina de novo, que duro para algúns. O domingo os rapaces aproveitaron para pasar o día coas súas host families e, como non, dar unha volta cos seus amigos por Rhyl.

En canto a onte, volver a madrugar para retornar ás clases foi moi difícil despois do bo finde que pasamos. E non axudou moito o tempo, pois vaia molladuras pillamos.

Eso, sí, a actividade do día mellorou un pouco os ánimos e seguro que cando volvamos a casa a vós tamén, xa que aprendemos a facer SCONES! Que delicia de creación para os máis doces. Algún que outro terminou cheo de fariña por toda a roupa e pasamos momentos ben divertidos.

Aquí vos deixo algunha fotiño do día:

 

See you!!

PRESTATYN 28/09 – Trip to Llandudno and Conwy

Good afternoon, everyone!

Chegou o tan esperado día da nosa primeira EXCURSIÓN! E nada máis e nada menos que a Llandudno, unha cidade que parece sacada da serie Downton Abbey.

O malo: o tempo. Que maneira de chover! Pero que mellor refuxio para os nosos rapaces que unha sala de xogos. Acabamos diagnosticándolle a algún ludopatía, xa que non querían saír de alí. Eso sí, grazas a eles conseguimos a mascota do grupo, polo que valiu a pena.

Tras unha corta visita ao Pier, mentres o resto se quedaron dentro escapando da choiva, dirixímonos ao centro da cidade onde nos dispersamos para disfrutar dunhas horiñas de tempo libre.

Uns directos se foron de tendas, como non. O Primark hoxe moito vendeu. Outros de novo co vicio do xogo. E outros poucos a comer, por suposto. Pero non sen antes a foto de rigor coa nosa bandeira viguesa. E ademais co White Rabbit de Alice in Wonderland (xa que resulta que a cidade está colmada de estatuas do filme dado que a verdadeira Alice veraneaba por aquí).

 

Sobre as 15:30 reunímonos todos de novo para coller o bus con destino Conwy e disfrutar das preciosas vistas dende o seu castelo. Un pobo moi pintoresco no que nos atopamos coa casa máis pequena de Gran Bretaña.

Tras esta última parada, os grupos de Prestatyn e Flintshire voltaron ás repectivas casas para disfrutar dun pouco de tempo libre antes de volver coas súas host families.

 

Espero que vos gustara este mini resumo e disfrutedes coas fotiños que sacamos.

 

Un saúdo a todos e todas 🙂

PRESTATYN 27/09 – Venres de piscineo

Good morning, everyone!!

Onte foi o día esperado polos vosos rapaces e rapazas: a chegada do weekend. Así terían o toque de queda máis tarde para disfrutar dos seus compis polo pobo.

Pola mañá, Carlota e Jana foron as protagonistas da clase de español, onde organizaron xunto coa profesora un xogo para os seus compañeiros británicos. Todos participaron e saíron encantados da clase con ámbalas dúas.

Pola tarde, tocou piscineo pero con este fresquiño que comezou a facer non todos estaban pola labor de poñerse en bañador. Preferiron, pois, quedar cos seus buddies por Prestatyn para coñecerse un pouquiño máis.

A pesar do mal tempo que comeza a facer, non nos asustamos, asi que para hoxe xa estamos preparados para a nosa primeira excursión con destino: Llandudno.

 

P.D: Hoxe xa estou eu de paparazzi, así que da excursión teredes bastantes fotiños.

 

 

PRESTATYN 25/09 e 26/09 – A relaxing cup of café con leche in Tesco

Good evening, everyone!

Onte os nenos e nenas tiveron un día bastante tranquilo. Durante as clases, intentaron aprender un pouco galés (pero bueno, non tivo moito éxito), nas matemáticas van sobrados e sobre todo, son os reis e reinas das clases de español.

Despois do insti, tiñan preparado como deporte do día bádminton e tras moverse un pouquiño foron relaxarse cos seus compañeiros ao Café Tesco, dende onde nos enviaron esta instantánea para darnos envexa.

En canto a hoxe, foi un día bastante entretenido. Por un lado, tivemos dous voluntarios: Nico e Candela, que se ofreceron a facer por un día de profes de español nunha escola de primaria: Ysgol Clawdd Offa. Alí estivemos xogando ao Chinese Whispers (o teléfono estropeado de toda a vida), o Catapún chimpún e ensináronlle aos máis pequenos vocabulario básico e algunha que outra información sobre a vida escolar española.

Despois, fomos de volta ao High School para reunirnos co resto do grupo e de aí fóronse a xogar ao basketball (bueno, algúns preferiron quedarse mirando como os outros xogaban)

E para finalizar o día, unha partidiña aos bolos en Astro Bowl. Aquí dividíronse en tres equipos para competir entre eles.

 

Bueno, mañá viremos con máis novidades.

Un saúdo a todos e todas!

 

PRESTATYN 24/09 – Primeiro día de clase

HI FAMILIES!

Os vosos rapaces xa comezaron as clases aquí en Wales e xa son famosos no High School… Os seus buddies e outros estudantes fixeron boas migas con eles e xa dende o primeiro día quedan despois de clase. Así que como vedes, pouco tempo lles levou socializar.

Algún que outro ten que revisar a orientación para chegar á escola ou á casa pero, polo demais non hai nada que Google Maps non solucione jaja.

Comezaron o día cunha breve charla de presentación na que lles deron os uniformes, mostráronlle os diferentes horarios de clases aos que tiñan que asistir e un moi necesario mapa para non perderse nos edificios do insti, porque grande é bastante. Despois presentáronlle a cada un o seu buddie e déronlles un tour pola institución e xa lles mostraron onde estaba a clase dos profes de español para que fora a súa base de encontro.

Durante o lunch time, estaban xa interactuando non só cos seus buddies senon con outros dos estudantes e decidiron quedar despois das actividades con eles para ir tomar unhas pizzas ao Domino’s, onde eu lles fixen unha visita sorpresa.

Ademais, debo engadir que algún que outro xa recibiu piropos e incluso lles recitaron frases en español aproveitando series tan coñecidas como Narcos para ligar “Soy el fuego que arde tu piel”.

Como vedes non tedes de que preocuparvos, está sendo unha primeira toma de contacto moi boa.

Mañá espero ensinarvos algunha que outra fotiño porque co entretenidos que están xa se lles olvidan ata os móbiles, os selfies e demais familia.

 

See you!

PRESTATYN 23/09 – Chegada ao destino

 

Bos días a todas e todos:

Sobrevivimos á xornada de viaxe de onte. Non vos negaremos que estabamos un pouco adormilados no primeiro voo, pero xa logo nos fomos poñendo ao día e cos nervios era imposible dormirse.

Algúns puxéronse a escoitar música, outros a preparar exercicios que lles deixaron os profes de Vigo (qué rapaciños máis aplicados tedes) e incluso algúns foron previsores e trouxeron xogos de mesa para divertirse durante a espera.

Como estabamos cos do grupo de Flintshire, tras subir no bus de Mánchester con destino aos nosos pobos xa nos separamos e aínda que con pena, sabemos que os sábados pasaremos o día xuntos de novo recorrendo novos lugares. Na viaxe aproveitamos para cantar todos xuntos cancións en inglés para ir demostrando que o temos máis que controlado. Que si a banda sonora de Mamma Mia, que si a versión en inglés de Despacito con Justin Bieber…

E ademais, cal foi a nosa sorpresa cando de camiño tivemos que parar o bus para que centos de vacas cruzaran a estrada… Nunca tantas xuntas viramos. Foi canto menos curioso.

Tras a chegada a Prestatyn, coñecemos ás monitoras locais que nos axudarán a integrarnos o mellor posible na nosa nova vida durante estas tres próximas semanas. Elas serán as que acompañen aos vosos nenos e nenas ao insti e ás actividades e son encantadoras.

Tamén comezaron a vir as familias a recollelos e aproveitaron a tarde noite para establecer un primeiro contacto. Estou segura de que o pasarán xenial e poderán compartir con nós milleiros de anécdotas.

Agora mesmo están todos en clase e chegaron ao destino sen problema posto que tanto as familias como as monitoras se encargaron de acompañalos no seu primeiro día.

Mañá xa virei con máis novedades e se queredes recordade que iremos subindo algunha fotiño polo instagram @zaida.newlink, sobre todo durante as excursións do fin de semana.

See you!

 

 

¡Empezando a conta atrás para… PRESTATYN!

Hi, everyone!!!

 

Chámome Zaida e serei a vosa monitora durante as próximas 3 semanas para disfrutar xuntos desta magnífica aventura en Wales. Son de Coruña pero xa levo algo máis de un ano vivindo en Vigo, e debo decir que me ten namorada (o bo tempiño agradécese, as costas non tanto).

Son graduada en español (sí, a pesada profe da sintaxe e dos verbos que tanto vos soen gustar), pero ademais son monitora de ocio e tempo libre. Como vedes, a ensinanza é algo que me apasiona e sobre todo os idiomas. Abren portas a coñecer novos lugares e novas culturas e permiten facer moitos amigos arredor do mundo.

Outro gran hobby que teño é viaxar, por iso me fun de Erasmus a Florencia e vivín un ano en Bournemouth traballando como profesora de español nun instituto británico. Ademais, en cada sitio novo que coñezo teño que ir á caza dun novo libro que me chame a atención, seguro que precisarei a vosa axuda para decidirme.

Coma vós, esta é a miña primeira vez no programa Vigo en Inglés, pero estou segura de que o pasaremos xenial e que nos apoiaremos os uns aos outros.

As familias que queiran seguir as nosas vivencias de forma máis inmediata poden acceder ao instagram @zaida.newlink no que subiremos stories e diferentes imaxes do noso día a día.

O luns a poñer os despertadores que temos un voo bastante cediño; algún seguro que necesitaría un bo caldeiro de auga para levantarse a tempo. E recordade traer a vosa documentación acompañada do permiso paterno, non queremos deixar a ningún en terra.

 

See you!!!