ENNISTYMON 8/10 – Último día e excursión a Galway

E chegou o día, familias!

O tempo voa e máis aínda cando o estamos a pasar ben. Parece que foi onte cando chegamos e xa pasaron 3 semanas!

Aínda que a moitos e a moitas nos gustaría quedar uns días máis por aquí, non nos queda máis remedio que facer as maletas. Pero antes diso quixemos despedirnos de Irlanda por todo o alto visitando a fermosa cidade de Galway.

na-catedral-de-galway-copia

Diante da catedral de Galway.

Orixinalmente foi unha pequena vila mariñeira, pero hoxe en día é a cidade máis importante do oeste de Irlanda. É coñecida pola súa vibrante vida comercial e cultural, así como por acoller unha importante poboación universitaria.

O bulir incansable da xente parece que se ve animado polas rápidas melodías de música tradicional que se poden escoitar en cada recanto das rúas principais, ateigadas de tendas, cafeterías e comercios.

no-spanish-arch

Grupal no Spanish Arch.

Tivemos ocasión de facer compras pero tamén de visitar lugares emblemáticos da cidade como o Spanish Arch, que conforma os únicos restos que se conservan da antiga muralla da cidade. Logo fixemos unha pequena parada en Salthill, unha vila costeira preto de Galway. Finalmente, ao chegar a Ennistymon recolléronnos as familias para pasar con elas a que será a última tarde con elas.

Despedímonos ata mañá, que será un día longo día de viaxe de volta a casa e cargado de emocións. Vémonos en persoa nunhas horas, familias. Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Un saúdo agarimoso de Eva, Paloma e Antonio. 🙂

ENNYSTIMON 7/10 – Photo Rallie e Burger Farewell

Onte foi un día de despedidas. Os grupos dixeron adeus nos seus respectivos colexios. Houbo quen soltou algunha que outra bágoa por aquelo da separación. Foron tres semanas moi intensas e estamos todos un pouco tristes por ter que deixar atrás a nosa vida irlandesa. Pero é o que toca e hai que pasalo. O lado bo é que os vosos fillos están a botarvos de menos e seguro que tamén se alegran moito de ter que voltar á casa.

E como vos dicía aparte de despedidas, foi un día de sorpresas. En primeiro lugar porque Liliana, quedou terceira no concurso de fotografía que se organizaba na súa escola. E cando foi a recoller seu premio, atoupou con que o que acababa de gañar non era outra cousa que unha tablet! NORABOA LILIANA!

Liliana recibindo o premio

En segundo lugar, os monitores tiñámoslle preparada unha actividade por Ennistymon. Consistía nunha serie de probas das que tiñan que deixar constancia mediante fotografías: sacar unha foto cun maior de sesenta anos, representar o famoso “Dinoseto” de Vigo diante da escola C. B. S, realizar todos ó mesmo tempo o pino diante do supermercado…etc….O equipo que máis puntos gañara, obtería un pequeno obsequio sorpresa. Houbo comptetividade, creatividade e ganas de gañar. Ó final foi o equipo liderado por Antonio o que alcanzou a victoria.

My Lovely Rose of Clare Escribindo "Post Office" coas mans

E en terceiro lugar, houbo unha pequena celebración de despedida. Na hamburguesería Franco’s estaban esperándonos para servirnos a todos  hamburguesas e patacas fritas. Tras recoller noso pedido, dirixímonos á beira do río a comer e a realiza unha pequena entrega de premios a modo de colofón final. Os afortunados foron:

  • Na categoría do máis apreciado ou apreciada polos compañeiros: Alexandre e Sandra.
  • Na categoría de mellor integrada/o  no centro irlandés (tamén escollida/o polo grupo): Alba Cernadas.
  • Na categoría de máis participación nas actividades: Martín Vicente.
  • Na categoría de mellor nota no test final de nivel de inglés: Gladys.
  • Na categoría de mellor cuadernillo: María.

Dándolle o premio a María

Xa queda menos….agora case case!

ENNISTYMON 6/10 – Show e lasertag

Boas, familias!

Hoxe chegou o día para o que nos estivemos a preparar durante estas semanas. É o día do show! Ás dúas reunímonos con representantes e alumnos dos tres centros educativos na antiga igrexa protestante de Ennistymon (hoxe en día empregada como salón de actos) e deu comezo o concerto e o acto de despedida destas 3 semanas tan especiais.

Empezou con actuacións dos alumnos irlandeses (tanto vocais como instrumentais) e despois tocounos a nós saír á pista. Primeiro fixemos o baile e logo cantamos a canción My Lovely Rose of Clare. 

na-actuacion

Durante o baile.

Despois Mary, a nosa coordinadora local, fixo entrega do premio á mellor fotografía tomada durante a xornada de visita aos Cliffs of Moher e o Castelo de Bunratty. A galardoada foi Kasia que levou unha placa conmemorativa (Noraboa!!).

Para rematar, a directora do Vocational dedicounos unhas emotivas palabras de despedida e remarcou o excepcional comportamento e integración que tiveron as nosas rapazas e rapaces durante a estadía nos centros: “sodes uns excepcionais embaixadores da vosa terra“.

img_2701

Todo o mundo!! (o grupo de Vigo á fronte).

Trala rigorosa foto grupal, dirixímonos ao aparcadoiro onde xa nos estaba esperando o autobús para ir a Ennis de novo. Desta vez a actividade que nos estaba a agardar era o Lasertag, un xogo que simula un combate entre persoas.

Baséase en tentar conseguir puntos disparando con pistolas láser (inofensivas) aos dispositivos receptores dos rivais, que se iluminan con luces de cores.

explicandonos-as-normas-do-xogo

Escoitando as regras do xogo.

Fixemos tres xogos (dous por equipos: verdes contra vermellos) e outro individual (todos contra todos). Pasámolo xenial!!

tede-coidado-con-nos

Posando despois do xogo.

Foi unha experiencia que nos encantou a todos e todas. Estamos desexando saber que máis cousas nos quedan por facer nos poucos días que restan antes da volta a casa.

Un saúdo e deica mañá.

Antentamente Paloma, Eva e Antonio. 🙂

ENNYSTIMON 5/10 – Ensaio xeral do Show

Ola de novo dende o Condado de Clare!

Estes días están sendo intensos de todo porque cada vez queda menos para a volta a casa!

Hoxe tivemos un ensaio xeral do Show que imos ter mañá ante os nosos compañeiros das tres escolas da cidade. Ensaiamos as tres cancións que mellor facemos e o noso baile estrela xunto cun novo que aprendimos de cero. Costou, pero non hai nada do que non sexamos capaces.

Ronan volveu a deleitarnos coa súa voz e o seu talento, regalándonos un par de cancións fóra do repertorio estrictamente irlandés. Cando rematou a súa intervención, agradeceunos o noso esforzo e a nosa amabilidade para con él e nos démoslle un moi merecido aplauso.

Os chicos ensaiando e Javi feliz Singing

Con Patrick volvimos a divertirnos en movemento, saltando e cruzándonos e algúns aínda parecendo “patos mareados”. Cando pareceu que xa sabíamos o baile que comezamos a practicar o primeiro día bastante ben, decidiu ir un pouco máis alá e ensinarnos outro algo máis complicado e rápido.

Todos bailando O novo baile

Mañá é o día do Show. Mañá temos que dalo todo! Desexarnos sorte!

Ennistymon Team.

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink 🙂

ENNISTYMON 4/10 – Vigo vs. Irlanda e Bowling

Ola. Como estades??

Xa é un novo día e con el abrimos un novo capítulo da nosa aventura irlandesa. Como vos adiantamos onte, hoxe tivemos un día ben completo.

En primeiro lugar, tivo lugar un importante evento no C.B.S. O partido de fútbol Irlanda-Vigo entre os nosos rapaces e os locais. Foi durante a hora do lunch e os grupos de Scoil Mhuire e Vocational tamén foron convidados a asistir durante o encontro. E alá fomos todos e todas dispostos a animar coas nosas cores. Algúns mesmo pintamos a cara!

seareiros-do-vigo

Seareiros do Vigo á porta do CBS.

Os irlandeses levaron camisolas verdes (como non!) e os nosos brancas. Xogar fóra da casa sempre é duro, e máis aínda se chove e o campo se enche de lama, o que fai difícil correr e controlar o balón.

encontro-vigo-vs-irlanda

Durante o encontro.

Semella que os locais están máis afeitos a xogar con estas condicións do campo, polo que foron dominando o partido. Aínda así os de Vigo deron o talle e anotaron dous tantos. Finalmente o partido rematou 4-2 para os irlandeses.

durante-o-partido

Os irlandeses ameazando a área viguesa.

Tralo final do encontro volvemos ás clases e á saída fomos directos ao aparcadoiro da igrexa. Alí recolleunos o autobús para levarnos a Ennis, unha vila mediana que se atopa a 25 km de Ennistymon, e pasamos unha tarde estupenda de bowling.

paula-e-elena-posando-coas-bolas

Paula e Elena posando coas bolas.

Para algúns era a primeira vez que xogabamos, pero pouco a pouco fomos afinando a técnica e os birlos non se nos resistiron. Por suposto que non!

malena

Malena a piques de tirar.

Xa vedes que non paramos en todo o día! Mañá teremos máis cousas que vos contar. Un saúdo e deica logo. Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Eva, Paloma e Antonio 🙂

ENNYSTIMON 3/10 – Olympic Handball

Felices mañans, queridas familias! Xa queda menos! Así que por ese motivo temos que ir disfrutando cada minuto na conta atrás que está a piques de comezar!

Onte e hoxe caen chuzos de punta. Chove abondo! Pero nós somos galegos e como di o anuncio famoso (e o refrán) “se chove que chova!”, que nós imos seguir ó noso. E así foi e seguirá sendo. Os nosos rapaces acudiron onte a facer un pouco de deporte despois das clases. A actividade que estaba prevista para onte era o handball ou tamén coñecido como balonmán, e alá fomos cara o Community Centre despois das clases. Debeu ser un partidazo porque algúns saíron colorados coma cereixas.

a-piques-de-iniciar-o-xogo cathal-facendo-os-equipos-1 liliana-iniciando-o-ataque

Hoxe os rapaces do C.B.S teñen un partido; Irlanda-España ao que poderán asistir todos os membros do grupo que queiran animar a seus compañeiros. E pola tarde, temos unha estupenda sorpresa. Imos ir a Ennis a xogar ós bolos! Yeeeeeeah! Hoxe vai ser un día animado!!! E xa volo iremos contando!

Saudiños a todos de parte dos monitores! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

ENNISTYMON 1/10 – Cliffs of Moher & Bunratty Castle

Boas!! Que tal estades, familias? Nós estupendamente, e ademais estamos desexando contarvos o que fixemos na excursión de hoxe.

Esta mañá erguémonos ben cedo e tomamos o bus de camiño ao noso primeiro destino, os Cliffs of Moher, uns cantís impresionantes que se elevan 120 m sobre o Atlántico e que se estenden ao longo de 8 quilómetros até alcanzar unha altura máxima de 214 m.

ivan-sandra-carmen-alba-javi-e-paula

Iván, Sandra, Carmen, Javi, Alba e Paula posando coa bandeira de Vigo á chegada.

As vistas dende o alto son impresionantes polo escarpado das rochas. Non é de extrañar que sexa un dos lugares máis fotografados de toda Irlanda con máis dun millón de visitantes anuais. Por sorte tivemos un día solleiro e sen nubes, polo que tamén puidemos divisar ao lonxe as Illas Aran e a baía de Galway.

breixo-alexandre-mario-antonio-ismael-marta-e-maria

Breixo, Alexandre, Mario, Antonio, Ismael, Marta e María.

Alí tamén se atopa a O’Brien’s Tower, unha torre circular de pedra construída en 1835 por orde de Sir Cornellius O’Brien. Serve de miradoiro para as moreas de turistas que acoden diariamente ao lugar. torre-obrien-maria-marta-e-paloma

o-grupo-ennistymon-o-completo-o-chegar-os-cliffs-de-moher

Todo o grupo de Ennistymon.

Despois de despedirnos destas paisaxes de postal, encamiñámonos ao Bunratty Castle, un castelo construído en 1425 e que se atopa en perfecto estado de conservación.

o-grupo-de-ennistymon2-espontaneos

Diante do castelo.

Forma parte dun parque turístico que recrea á perfección a arquitectura e o xeito de vidas tradicionais de Irlanda. Conta con granxas, tendas, muíños de auga e casas con cuberta de palla.

no-comedor-do-castelo

Escoitando as explicacións da guía.

Xa dentro do castelo, a nosa guía explicounos que foi a principal fortaleza dos O’Brien durante os séculos XVI e XVII e que a meirande parte dos mobles e elementos de decoración son tamén desa época. Conta con tres andares e catro torres con ameas. Despois tivemos tempo para percorrer o castelo de arriba a abaixo e visitar cada cuarto, torre e salón que ten. Inspeccionamos mesmo os calabozos e aprendimos que neles guindaban os presos dende 5 metros de altura!

Por último fixemos unha fugaz parada na tenda de agasallos e puxemos rumbo de volta a casa. Xa cansos, pero moi contentos despois dun día tan completo.

Mañá poderemos descansar no noso día libre coas familias. Un saúdo e manterémosvos informados.  Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Eva, Paloma e Antonio. 🙂

 

ENNYSTIMON 30/09 – Paseo e ocio no Family Resource Centre

A tarde do venres saímos antes da clase e igual que a semana pasada, e para aproveitar o tempo, decidimos comer todos xuntos o lunch, xa que é o único día de horario lectivo no que podemos almorzar coma o grupo que somos.

Logo de comer, demos un pequeno paseo polo pobo. Queriamos divisar as vistas  de Ennistymon que se poden obter dende un outeiro que hai moi preto da rúa principal do pobo. O malo é que para poder disfrutar da panorámica, hai que atravesar o cemiterio. Así que, atraídos polas ruínas da antiga capela, camiñamos ata o lugar. E aínda que o sitio non é o máis agradable da vila, o certo é que o derrumbe do edificio conserva moito encanto. E non poidemos evitar sacar fotos subidos ás súas fiestras, sempre tentando respetar ó máximo o lugar no que nos atopabamos.

grupo-en-el-cementerio os-rapaces-e-ennistymon-ao-fondo

E despois desta visita, pillounos a choiva así que como ainda tiñamos algo de tempo libre, non nos quedou outra que refuxiarnos nunha agradable cafetería a tomar algo quentiño.

collendo-forzas-na-creperia tomando-algo-antes-das-actividades

Á hora das actividades, acudimos ó North West Clare Family Resource Centre, onde nos esperaba unha tarde de ocio entre partidas de consola, billar e pin-pon.

Sábado excursión… Cliffs of Moher e Bunratty Castle! Qué nervios!  Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

ENNISTYMON 29/09 – Pasámolo “bomba”

Saúdos familias!

Esta tarde fomos de novo ao “Community Centre” e alí fixemos un xogo de animación grupal coñecido como a “Bomba”.

a-bomba-a-piques-de-estoupar

A “bomba” a piques de estoupar

Os rapaces póñense en círculo e un queda no medio. Os do círculo pasan a pelota mentres o do medio vai contando… cando chega a 30 ergue un brazo, en 40 ergue o outro e ao chegar a 50 dá unha palmada e di “bomba”. Quen teña o balón nas mans senta no chan coas pernas estiradas e o xogador ao seu carón ten que saltar por riba del… así todos ata que só quede un.

durante-o-xogo-da-bomba

Durante o xogo da “bomba”.

Despois do xogo tamén tivemos tempo para dar unha volta por Ennistymon e facer algunhas compras. Ademais o tempo acompañounos e mesmo saiu unha raiola de sol!! Que máis podemos pedir??

gladys-alba-liliana-andrea-e-martin

Gladys, Alba, Liliana e Andrea.

Sempre que imos de paseo pola vila non podemos evitar chamar a atención alá onde imos. E non só porque sexamos 25 mozos e mozas sempre xuntos, senón porque vos somos moi falangueiros e estamos afeitos a parolar cun ton moito máis alto que o dos irlandeses.

Aínda así, non semella que isto sexa un problema para os locais. Sónchevos xente moi amable e non é raro que nos paren e se poñan a falar con nós.

paseando-por-ennistymon

Polas rúas de Ennistymon.

Deica mañá e un saúdo de Eva, Paloma e Antonio! 🙂

ENISTYMON 28/09 – Ensaiamos para o Show!

Bos días dende o County Clare!

Hoxe tocou quentar motores e prepararnos de verdade para o Show que imos tener nas escolas o último día. Canto e baile irlandés para mostrar aos nosos compañeiros de Ennistymon o que aprendimos nestas tres semanas.

Comezamos co canto coa axuda de Ronan, que de novo veu coa súa guitarra a mostrarnos as súas capacidades e a súa paciencia connosco. Porque mira que nos custa eso de cantar alto e afinar…

Grupo ao completo

Pode ser que comezaramos con poucas ganas e cantando baixiño, pero a actitude aberta  e divertida de Ronan axudounos moito a soltarnos ata o punto de poder cantar sós e case sen axuda.

Ronan e a guitarra

Continuamos a actividade cun ensaio do baile que Patrick comezou a ensinarnos a semana pasada. Polo menos podemos dicir que pasamos de patos mareados a parecer “algo” irlandeses, que xa é moito.

Primeiro paso do baile en roda

Grupal bailando

Houbo moitas risas e tamén moita vergoña, pero pasámolo moi ben! Así que agora só nos queda agardar con ganas o que nos traerá o día de mañá!

Un saúdo do Ennistymon Team!

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.