30 de setembro: Disco Night!

Bos días, familias!

Hoxe, aínda que estamos moi cansos, non podemos deixar de publicar as fotos de onte para que vexades o ben que o estamos pasando aquí en Sheffield.

O día comezou moi cedo, coma sempre, para vir á Winterhill School. Pola tarde, en Tarde libre de comprasprevisión dunha noite moi movida, desfrutamos de tempo libre por Sheffield para tomar un café, facer algunhas compras ou mesmo houbo algúns e algunhas que marcharon cedo para casa para poñerse ben guapos!

Antes de entrar a disco

Ás oito en punto estabamos reunidos para entrar na disco: todo o grupo, os buddies que quixeron acompañarnos e mesmo algúns rapaces das host families. Así, mesmo no tempo de ocio, continuamos coa inmersión lingüística, que é o importante.

Hai quen bailou moito e parecía que non lle chegaban as dúas horas e hai quen pasou o tempo falando e cotilleando un pouco intercalando algún baile polo medio.

Parece que non lles gusta bailar...    Estas si que bailan!

Non vale a pena dicir máis, aquí vos deixamos as fotos dos rapaces, que é o máis interesante!

As buddies ensinando ao grupo novas coreografias

Pablo, Tania, Maria, Agus, Sara e Jaime na disco

Guille, Paulo, Paula, Lucia e amigas inglesas

Vigueses e Ingleses pasandoo ben

Charla cos buddies

Paulo e Paula aprendendo new dance steps

Carolina e Jaime na disco

Macarena

Ás dez viñeron as nosas host families para levarnos a casa e aínda había algún ao que lle sabía a pouco. Hoxe estamos cansos pero iso si, o próximo mércores repetimos!

Un saúdo das monitoras.

Ata mañá!!

29 de setembro. Clase de spinning!

Bos días, Vigo!

Hoxe a mañá amaneceu con néboas. As temperaturas están empezando a baixar e comeza a facer frío, pero iso non nos impide seguir tendo ganas de pasalo ben e de continuar  coa rutina.

Onte pola tarde, ansiosos por facer deporte, os rapaces baixáronse na súa parada habitual do tram para ir practicar spinning. O spinning ven a ser unha bicicleta estática conectada a unha pantalla que vai informando ao usuario do número de km “andados”, as calorías queimadas e o ritmo cardiaco.

a tope de powergrupo en clase de spinning

A pesar do esforzo e de que algúns esqueceron o chandal na casa, aos rapaces encantoulles a sesión e algúns deles comentaron que estaban desexando poder liberar tensións no ximnasio. Iso si, ninguén os librou das maniotas de hoxe…porque ademais do spinning, ao acabar a clase puideron facer uso dalgunhas das máquinas ubicadas no polideportivo. Para sorpresa nosa, case todas elas dispoñían de conexión a internet e a canais de televisión para non aburrirnos mentres nos poñemos en forma.

No ximnasio

E no referente ao día de hoxe, dicirvos que ao acabar as clases, poderemos desfrutar dunha hora e media libre no centro de Sheffield e despois deberemos dirixirnos ás nosas casas para cear e cambiarnos, porque hoxe de oito a dez temos “disco” cos buddies. A maioria están desexando que chegue a noite de hoxe! Contarémosvos que tal!

Mentres, despedímonos ata mañá esperando poder facer moitas fotos do momento!

Un saudo das monitoras!

28 de setembro. Aniversario de Agustina e Piscina!!

Hola dende “Roderam” (así é como se pronuncia por estos lares)!

Cómo pasa o tempo!  Xa fai unha semana que estamos aquí!

Onte foi o aniversario de Agustina. Así que  lles comentamos aos rapaces que en complot, utilizasen calquera pretexto para quedar con ela na hora do lunch  e darlle entre todos unha “tarta” de cumpleanos. O anecdótico do asunto é que a tarta non era tarta senon catro magdalenas, e as velas non puideron prenderse dentro do centro…pero o importante é o detalle! E para que o vexades, aquí tedes unha foto da homenaxeada!
PARABÉNS, AGUSTINA!!!
CELEBRANDO O ANIVERSARIO DA BDAY GIRL
Tras sair da escola, dirixímonos acompañaados por Leigh (a nosa leader inglesa) ao polideportivo Hillsborough Leisure Center. Alí puideron disfrutar dunha tarde de piscina e dos tobogans acuaticos (que lles souberon a pouco). Ao ser un recinto cerrado no que acuden moitos nenos, estaban prohibidas as fotografías así que vos deixamos unha do traxecto ao centro mentras cruzabamos o Hillsborough Park.
ATRAVESANDO HILLSBOROUGH PARK
E hoxe…spinning!!

26 de setembro. Day trip to Leeds!

Boas noites familias:

Hoxe non había escola pero os nosos rapaces non puideron durmir moito máis do habitual. A nosa viaxe a Leeds comezou ben cedo, ás nove xa estabamos no autobús. Tardamos pouquiño en chegar e ás dez entramos ao museo Royal Armouries de Leeds. Alí tivemos tempo de ver as distintas salas nas que se clasifican as armas e armaduras xeografica e cronoloxicamente.

Royal Armouries2

Royal Armouries1

Merecido descanso antes de ir para o centro

Guillermo, Martín e José Carlos facendo un descanso

Cando rematamos no museo decidimos deixar o autobús e coller o Water Taxi: un paseo polo río é sempre máis agradable.

Indo para o centro

No Water Taxi

De camiño ao centro

Unha vez no centro de Leeds, tivemos case tres horas de tempo libre. Os rapaces estaban desexando pasear ao seu aire e facer algunhas compras e hoxe por fin puideron facelo. Entre semana, coas clases ata as tres e as actividades de despois, é moi difícil facer compras: ás cinco e media está todo cerrado!

Case todo o grupo coa bandeira

No Royal Armouries coa bandeira

Pedindo indicacions para moverse por Leeds

Mañá é o día en familia, veremos que é o que cada host family ten preparado para eles e se teñen algo interesante que contarnos o luns.

Despedímonos ata a semana que vén!!

Un saúdo das monitoras Eva e Silvia.

25 de setembro. Tomamos o té en Browns

Boas noites familias,

Aquí estamos para contarvos o que está a acontecer polo noroeste do Reino Unido.

Coma esta mañá non tivemos acceso a Internet porque non foi día de escola, non puidemos actualizar o blog ata agora pero aínda así non imos deixar de informarvos.

Pola mañá os rapaces foron a clase. Os profesores están encantados con eles, tanto no que a vestimenta se refire coma a atención nas clases e ao nivel académico, e ao rematar na escola continuamos coa integración na cultura inglesa. Poucas cousas hai máis inglesas que tomar o té e alá fomos nós.

A punto de tomar o té

Os nosos rapaces tiveron a oportunidade de disfrutar do auténtico English Tea acompañado dos típicos pasteis e sándwiches e na hora apropiada, sobre as cinco da tarde.

Tea time

Algúns deles non parecían moi convencidos coa idea de tomar o té pero pareceron animarse bastante coa chegada da comida.

chegada da comida!

Let's have a tea, my darling

Despois da actividade do día, dirixímonos ás paradas de bus e tram para un merecido descanso, porque ao día seguinte tocaba ir a Leeds e había que recuperar forzas.

Un saúdo dende Sheffield!

Dia 24 de Setembro. Badminton en “Ponds Forge”.

Bos días familias/Bos días Vigo!

Aquí voltamos a estar un día maís contándovos todas as novidades dende a Winterhill School.

A rutina xa esta empezando a instalarse. Despois dos nervios, a novidade, e as confusións no que ao transporte público se refire, os rapaces xa empezan a asentarse e comezan a vivir o seu día a día inglés. Polo momento dicirvos que esta mañá todos se presentaron puntuais no meeting point, que ven sendo o lugar no que quedamos tódolos dias entre as 7:30 e as 7:45  para coller o autobus á escola. É dicir, que non so se estan adaptando no centro, senón que tamén están empezando a coller soltura no uso do transporte público .

E no referente ao día de onte, contarvos que saímos da escola dúas horiñas antes do normal debido a que os profesores tiñan formación. Aínda que os alumnos británicos se dirixiron ás suas casas, os rapaces do noso grupo  puideron dispoñer dunha das cantinas da escola para comer con tranquilidade. Ao finalizar, dirixímonos a parada situada diante da Winterhill para coller o bus 43 e despois un tranvía (aquí chamado tram) que nos levou ao centro da cidade para a actividade que tiñamos programada: bádminton!

Aproveitamos a horiña extra que tivemos por sair antes da escola para explorar o centro de Sheffield. Non foi moito tempo, so unha primeira toma de contacto; aínda así, moitos atoparon un ratiño para explorar o interior do Primark e outras tendas da rúa comercial, non se puideron resistir.

Turistas en Primark

Ás catro chegamos ao pavillón polideportivo de Ponds Forge para xogar un pouquiño ao bádminton.Os rapaces puideron utilizar tamen as mesas de pin-pong, e hai que dicir que foi o que máis ilusión lles fixo. Aos nosos ollos, e a pesar de que moitos esqueceron levar roupa de recambio, disfrutaron da actividade e sairon cansados. O suficientemente feitos polvo como para deitarse as oito! Quen lles ia a dicir a algúns deles que estarían indo para a cama antes das nove???!!!!!

Sara e Maria xogando a badminton

Ping pong e badmintonPolo de pronto, nada máis! Deixámosvos ata mañá e animámosvos a seguir comentando no blog!. Firmamos o post con foto de gran parte do grupo.

Parte do grupo mostrando seu entusiasmo polo deporte

Un saudo das monitoras Silvia e Eva!

23 de Setembro. Primeiro dia de clase na Winterhill School e visita ao Concello de Sheffield

Hello everybody e bos dias dende Rotherham!

Xa estamos no noso segundo dia de clase e parece que levamos aqui un mes. Imaxino que nestos primeiros dias, isto e algo que estan sentindo a maioria dos estudiantes galegos do programa Vigo en Ingles. Son moitas as emocions  que se xuntan nunha experiencia coma ista. Vivir fora da casa, cambiar de idioma, conecer xente nova e cambiar de rutinas fan que a percepcion do tempo se modifique..pero todo e para ben! E o certo e que a pesar de que levamos so unhas 72 horas fora de Vigo, os rapaces levan aprendendo dende o minuto que sairon da casa…e o que lles queda por aprender e disfrutar! E para que saibades do que vos falamos, aqui vos deixamos algunhas instantaneas de cando estaban indo cara a escola e dos momentos posteriores, cando os rapaces atendendian a  Miss Gent mentras lles presentaba aos seus buddies respectivos.

Na _furgo_ caminho da escola

Que nervios! Que caras tan serias!

E volvendo a falar de aprendizaxe, onte aprenderon que Sheffield foi a cidade onde se redactaron as normas do futbol. Ou iso foi o que nos explicou o alcalde…Si, si! Lestes ben! O mesmo Lord Mayor de Sheffield foi o que nos recibiu onO primeiro clube de futbolte no concello e nos invitou a un refrixerio nun dos salons do mesmo para explicarnos un pouco da historia da cidade. Ali poidemos facerlle entrega do libro que a alcaldia de Vigo nos fixo chegar  en representacion sua. Houbo tempo para explicacions historicas, preguntas e toma de fotografias. E falando de fotografias, aqui tedes unha do clube de futbol mais antigo do mundo fundado no 1857.

En canto a escola, os rapaces estanse adaptando estupendamente. E hai que resaltar que os profesores  fixeron unha valoracion moi positiva sobre a maneira na que entenderon o concepto da uniformidade na vestimenta.

As rapazas antes de entrar ao instituto

Un exemplo de que se estan integrando moi ben e que fai unhas horas, cando os rapaces chegaron a Winterhill, os seus companeiros ingleses estaban esperando na porta para acompanhalos as suas respectivas clases. Houbo sorrisos e alegria por reencontrarse. Se estan asi ao segundo dia, moito van chorar cando  marchen!!!! Estando en Vigo, e dificil que poidades chegar a imaxinar a expectacion que esta xerando un pequeno grupo de rapaces galegos nunha escola de aproximadamente 800 estudiantes. Pero non esaxeramos cando dicimos que practicamente todos os rapaces do centro estan informados de que hai un grupo de espanhois estudiando entre eles.

Jaime con 2 das buddies

Agora mesmo estan nas clases e pola tarde volveremos a Sheffield para xogar ao badminton. Polo de pronto finalizamos este post con duas fotos do grupo na recepcion que nos fixo o alcalde.

Atendendo as explicacions de Lord Mayor

Foto con Lord Major de Sheffield

Mentres tanto, ata manhan!!!!!!

Un saudo das monitoras Silvia e Eva!

22 de Setembro. Saida de Vigo e chegada a Sheffield/Rotherham

 Bos dias Vigo!

Aquí estamos retransmitindo todas as novidades dende a Winterhill School despois da longa viaxe de onte!

!.Saida do aeroporto de Vigo

Saímos como ben sabedes cedinho de Vigo, cando aínda non estaban as rúas postas e despois dunha escala en Madrid na que puidemos almorzar, ver unha película, e comer no McDonalds, chegamos a Londres pasadas as catro da tarde da hora local xunto co grupo de Esher.

CIMG2428CIMG2431

Unha vez en Heathrow, ali estaba a nosa group leader inglesa esperándonos para levarnos ao autobús. E a pesar dos 260 km que separan Londres de Sheffield (a cidade na que viviremos estas tres semanas), todo foi rápido e áxil. As familias estaban xa esperándonos no meeting point con moitas ganas de vernos e levarnos para a casa.

Esta manhan tras madrugar moito, os rapaces dirixíronse a estación de autobús, onde cada manhan nos esperaran dous minibuses para levarnos a escola. Cando aparecimos na Winterhill School, a xefa do departamento de linguas estaba esperándonos para presentarnos os buddies. Agora mesmo están nas clases xa con eles, tras recibilos cos brazos abertos. Eles van a ser os encargados de orientalos pola escola, acompañalos as clases e axudarlles no que necesiten. Cada un dos rapaces ten un timetable con tódalas clases para as próximas tres semanas e un mapa do centro escolar.

Esta tarde, en canto saian da escola as tres da tarde, dirixirémonos a parada de autobús para achegarnos ao centro de Sheffield onde hai preparada unha visita ao concello para coñecer ao alcalde.

Esta noite ou manhan, subiremos fotos da experiencia.

Mentres tanto despedimonos dende a Winterhill School!!!

Un saudo das monitoras Silvia e Eva!